Burela, 9 de marzo de 2016.- Pouco máis de 24 horas restan para que o CD Burela FS Pescados Rubén e a Marea Laranxa volvan soñar cunha das grandes citas a tempada, gozar do gran premio que os de Daniel Ibañes gañaron nun encontro decisivo de infarto en decembro. Co billete entre os oito mellores da primeira volta, espéraos a XXVII Copa de España Guadalajara 2016 co orgullo e a responsabilidade de inaugurar a competición fronte ao Catgas E. Santa Coloma (xoves 10, 19.00 horas). Todo está a punto para vivir o mellor espectáculo de fútbol sala coa emisión en directo de Teledeporte.
E por que non? O Pescados Rubén plantarase no Palacio Multiúsos de Guadalaxara para repetir a fazaña de Cidade Real. Chega, medrando ante as adversidades, para apropiarse dunha das prazas de semifinais: “Imos á Copa con moita ilusión e con ganas de repetir o do ano pasado. Fisicamente chegamos como case todo o ano, con algunha ausencia, pero todos os que chegan estarán ben para intentar facer un bo partido. Todos os equipos chegamos moi motivados porque son eliminatorias a un só partido, non como o play off. As forzas están repartidas ao 50% e pode pasar de todo, aínda que logo das sorpresas de Cidade Real este ano os favoritos están máis atentos”, explicaba Daniel Ibañes, en vésperas do evento.
Catgas e Burela FS recalan en Guadalaxara pelexando por outra das grandes recompensas da liga, o play off, coa sétima posición (31 puntos) para os de Xavier Passarrius e a novena para os laranxas (28 puntos). “Con Santa Coloma xa nos enfrontamos dúas veces en liga este ano nuns encontros intensos e de moitos goles. Creo que con concentración, sobre todo, e estando os corenta minutos metidos no partido poderemos pelexar por seguir gozando da Copa” advertía o técnico facendo referencia ao reparto de vitorias con 5-8 para os da Mariña na primeira volta e 1-6 para os de Santa Coloma hai un par de semanas en Vista Alegre. A finalización de Chino (18 goles), que alzou o título o ano pasado con Jaén Paraíso Interior, baterase en duelo directo coa pegada infalible dos cataláns, liderada por Adolfo (22 goles) e Dani Salgado (21 goles).
A expedición de Daniel Ibañes, arroupada por máis de medio centenar de afeccionados burelistas e da Pataca Naranxa, estará composta por: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 12. Petry, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Jorge Bellvert, 19. Aarón, 20. Chino, 23. Antoñito, 27. Renato, 28. Rubén, 30. Hélder. Jorge Matamoros non poderá participar pola súa lesión de xeonllo.
O vestiario mariñán realizará a última sesión ante da xesta copeira esta tarde xa en Guadalaxara ás 18.30 horas.
Xoves 10 de marzo
19.00 horas: Catgas E. Santa Coloma-CD Burela FS Pescados Rubén
21.15 horas: Movistar Inter-Palma Futsal
Venres 11 de marzo
19.00 horas: ElPozo Murcia-Aspil Vidal Ribera Navarra
21.15 horas: FC Barcelona-Magna Gurpea
Sábado 12 de marzo
18.00 horas: Semifinal Vencedores do xoves
20.15 horas: Semifinal Vencedores do venres
Domingo 13 de marzo
20.15 horas: Final






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
