Cielo Fernández. Libreira- Houbo tempos nos que as pícaras e os pícaros enchían a súa imaxinación coas historias que lles escoitaban aos seus maiores cando, xa anoitecido, descansaban ao redor da lareira, ou mentres facían traballos leves que permitían poñer atención aos contos que contaba aquel ou aquela que mellor os soubese narrar. Encantos, aparecidos, santos milagreiros, ánimas, meigas e todo tipo de seres extraordinarios mesturábanse con outros máis corpóreos e recoñecibles como lobos, ladróns, foraxidos ou xente aventureira de diversa pelaxe. Eran tempos nos que non se distinguían as historias que os máis pequenos podían escoitar ou as que non, non se edulcoraban os finais nin os feitos, nin as miserias do miserables nin a crueldade dos crueis. O mesmo medo e a mesma emoción percorría as costas dos cativos e dos maiores. Eran tempos nos que a literatura pertencía ao pobo, non se sabía onde comezaran as historias nin quen as contara por primeira vez, tampouco cantas voltas e reviravoltas deran dende o seu comezo. A súa feitura era colectiva e o seu gozo tamén.
Parece que eses tempos son idos e a inmensa riqueza da nosa literatura oral vai sendo recollida por diversos autores –aquí na Mariña temos traballando dende hai tempo a Antonio Reigosa neste labor– para que fique na nosa memoria e poidamos seguir gozando dela, pero o contexto no que naceu e que lle daba sentido, esa cultura popular da que é filla e nai, vai esmorecendo.
Porén, hai unha cousa que non esmorece nin desaparece nin o fará mentres o ser humano continúe baixo o manto do ceo: a súa necesidade de contar e de escoitar historias, boas historias que lle permitan descubrirse a si mesmo e orientarse no complexo mundo das relacións entre persoas e con todo o que o rodea. Os libros foron substituíndo os contadores, e as autoras e autores individuais ao pobo creador, pero as historias seguen, fórmannos, confórmannos, necesitámolas, e particularmente as necesitan as pícaras e pícaros que están abrindo os ollos ao mundo e intentando comprendelo e facerse idea do seu lugar nel.
O día 2 de abril celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil. Unha data para recordar isto, para asegurármonos de que os nosos cativos seguen a escoitar boas historias, que lles achegamos libros á súa man que paga a pena ler, que lles lemos as historias que a nós nos gustan para eles, aínda que xa sexan maiorciños e poidan tamén ler outras por si mesmos, para que que os nosos nenos e nenas sigan rodeados de literatura contada con amor, coma antes, coma sempre.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



