Estrasburgo, 08 Marzo 2016. Como cada 8 de marzo -e cada 25 de novembro-, as institucións públicas aproveitan esta data para despregar todo un alarde discursivo en aras da igualdade de homes e mulleres que, desgraciadamente, para pouco máis serve que para significar un indignante contraste ca leve proactividade que amosan durante todo o ano para avanzar na igualdade que tanto se jactan en defender nestes días sinalados.
O Parlamento Europeo non ía ser menos. Ao fío da conmemoración do Día Internacional das Mulleres este luns debateuse -a última hora da noite, iso si, e co hemiciclo case baleiro- un Relatorio sobre a integración da perspetiva de xénero nas actividades do Parlamento Europeo. Esta mañá a Comisión Europea interveu na Eurocámara durante a sesión plenaria en Estrasburgo para dar conta da situación socioeconómica das mulleres en Europa[1] e, a continuación, e malia que a UE ten forzas militares da OTAN no Mediterráneo e vén de asinar un acordo con Turkia para que impida que poboación que fuxe das guerras alcance territorio comunitario, procederon sen complexos ao debate dun informe sobre a situación das mulleres refuxiadas e solicitantes de asilo na UE.
A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, foi contundente este martes dende Estrasburgo: “A grave situación de desigualdade imposta sobre as mulleres non se reverte limitándonos a facer debates o 8 de marzo e o 25 de novembro”, criticou. “Que as políticas de igualdade que se están a desenvolver non son abondo é obvio: seguimos sen ter paridade na inmensa maioría das das institucións, organizacións sociais, partidos políticos, sindicatos, etc.; seguimos percibindo salarios inferiores aos homes, seguen poñéndonos trabas para alcanzar postos de decisión, seguimos constatando as dificultades das labregas para acceder á titulariedade compartida…”.
Mentras nas institucións, organizacións, partidos, sindicatos… non haxa “presenza en pé de igualdade” das mulleres nos órganos de decisión “é moi dificil que se avance”, reiterou a eurodeputada de AGEe, “porque xa estamos vendo que é difícil que os homes responsábeis das organizacións incorporen a perspectiva de defender os dereitos das mulleres nas mesas de negociación”.
En relación á posición plantexada este martes pola Comisaria de Igualdade de Xénero, Vĕra Jourová, a eurodeputada galega advertiu de que “é fundamental que a Comisión Europea esixa aos Estados membros que fagan unha fonda e exhaustiva avaliación de cales son os motivos políticos polos que, malia ao desenvolvemento de políticas de igualdade e de loita contra a violencia machista, a discriminación das mulleres na UE sexa sendo sangrante e homes machistas segan asasinando mulleres practicamente tódolos días”. Para Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) “é crucial identificar cales son os aspectos que claramente están fallando”, e apuntamos entre as causas que impiden o desenvolvemento pleno das políticas de igualdade e de loita contra violencia cara as mulleres “o propio sesgo machista co que se se están a aplicar moitas destas políticas e a diminución de fondos como consecuencia da austeridade, que non só afectou a políticas de promoción e protección das mulleres, senón tamén a eidos da vida fortemente feminizados, como os traballos de coidados a persoas dependentes”. “Esiximos que poñan fin ás políticas de austeridade en xeral, e en particular aquelas que afectan á loita contra a violencia e a favor da igualdade”, reiteramos.
Ademais, e xa centrándose no eido político, Lídia Senra esixiu “tolerancia cero” ca violencia estrutural: “ningún cargo público ou representante de organizacións, partidos, sindicatos, etc. pode seguir manténdose na súa función se ten feito declaracións que discriminen ou supoñan violencia contra as mulleres”, unha reivindicación que, malia a apelar aos mínimos da convivencia social, lamentabelmente convértese en transgresora ao atoparse ca cobertura machista da que gozan individuos como José Manuel Baltar ou institucións como a Igrexa, que no Estado español tense manifestado a través das indignantes valoracións de Arcebispados como o de Granada e Toledo.


















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



