O vindeiro sábado, co gallo de cumprirse os 25 anos do seu pasamento, Mondoñedo vai ofrecer unha homenaxe a quen foi un dos seus persoeiros mais populares dadas as súas calidades humanas e artísticas. Araújo foi músico (intérprete, compositor,letrista,adaptador de temas musicais…) autor e actor teatral, humorista (son inesquecibles os actos que con él protagonizaba con Roberto Michelena, Xosé Manuel Carballo, que poñía en escena ademais a ilusión da súa maxia, e Maruxa Balsa, tantas veces disfrutados en Foz coa presencia na vila da que nós chamábamos “embaixada artística” : o Coro de Obreiros que dirixía don Uxío, co aditamento do Trío- Inma, Lalo e David – e Os Trovadores de Mondoñedo.Polos anos sesenta a organización de diversos festivais, e outras formas de recadación, lográrase instalar a calefacción no Asilo focense; mercar para o mesmo o primeiro vehículo a motor; cadeiras de rodas para asilados, etc. Sempre os mindonienses estaban dispostos a colaborar: as súas actuacións enchían o aforo do cine Pequenete, facendo delas a mellor aportación ós fins perseguidos.
Araújo era home xeneroso, altruista, desprendido: sempre a súa simpatía e humor, as cancións e o acordeón, seu instrumento mais característico, estaban, de forma desinteresada, ó dispor de toda iniciativa solidaria, evidencia da que este cronista foi, durante moitos anos, testemuña.
Por un casual descubrimos unha faceta dél que descoñecíamos: unha tarde en que accedimos ó salón do casino atopamos ó artista sentado ó piano e un grupo de rapaciñas ás que impartía crases de ballet: o noso amigo era, tamén!, mestre de bailaríns de danza clásica… Das cancións escritas e musicadas por él, traemos na memoria, dende hai mais de meio século, o fermoso bolero: “Por qué ha de ser que siempre la nostalgia / ponga en la despedida un velo de dolor/ Por qué ha de ser si sé que con la ausencia/no queda ya en la vida lugar para el amor…”.
Polos anos 50 Araújo e a súa orquestra acadaron a maior popularidade, mercede ás actuacións en Radio Nacional na Coruña, emisora da que era director Enrique Mariñas, nome de grande prestixio no mundo radiofónico.
No veràn do ano 60 estivo en Foz Andrés Piquero, director da banda de música de Avila que compuxo un “himno a Foz”. A primeira agrupación musical en interpretalo foi, dous anos depois, a orquestra “Royalty”, unha noite que amenizaba o baile na Peña da Rapadoira.Do feito dase conta no Nº 5 da revista do mesmo nome, de xullo do 62, que se editaba en Foz na que Araújo da a súa opinión de experto sobre o Himno de Piquero.
Estamos seguros que a homenaxe á memoria do artista, que foi ata o pasamento amigo entrañable do que suscribe, será un éxito; pero moi ó noso pesar, e aínda que os actores participantes no mesmo son todos tamén vellos amigos, faltará á cita; alí estará o seu espírito; estade seguras, Nélida e Raquel, e cantas persoas vos acompañen na lembranza garimosa de Manolo Araújo, personaxe non doado de esquecer.

















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



