Mondoñedo 18 marzo 2016: O cantautor Mikel Erentxun actuará en Mondoñedo o vindeiro 30 de abril dentro da programación das Feiras e Festas das Quendas, que este ano se celebrarán a fin de semana do 29 ao 1 de maio.
O presidente da Asociación As San Lucas, organizadora das Quendas, Miguel Souto, explicou que “estamos a preparar para esta edición un programa cun forte contido cultural” que se entrelazará cos aspectos máis tradicionais das Quendas como son a Feira Cabalar, a Festa da Empanada e os produtos do campo, e no que “non poderá faltar o aspecto musical, que hoxe adiantamos”.
O concerto de Mikel Erentxun será ás 22:00 horas no auditorio Pascual Veiga. As entradas xa están a venda en Abanca por un prezo de 14 euros, e o custo en taquilla será de 18 euros. O cantautor traerá ata Mondoñedo o seu traballo, A Corazón Abierto, un álbum gravado en directo, en acústico e en solitario.
Ademais do concerto estrela, a programación das Quendas tamén inclúe a actuación de orquestras na Alameda dos Remedios. O venres 29 de maio, estará a orquestra revelación 2016 La Phila, o sábado 30, Salarena e Montreal e o domingo, 1 de maio, Principal.
Pregoeiro
O pregón das Quendas 2016 virá da man do músico e escritor galego, César Morán Fraga, moi vinculado coa cidade de Mondoñedo xa que súa nai naceu na localidade, ademais de colaborar coa programación cultural de Mondoñedo sempre que se lle solicitou, e coa actividade Mondoñedo é Poesía.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



