A Mariña, 9 de marzo de 2016. A asemblea comarcal do BNG escolleu na tarde deste mércores nova direccións comarcal ás que se deberá incorporar posteriormente a representación das localidades integradas na estrutura territorial na Mariña. Ana Ermida Igrexas recunca como responsábel comarcal encabezando unha equipa de vinte persoas das que sete forman a nova executiva comarcal e as tres primeiras pasarán a formar parte do Consello Nacional do BNG, máximo órgano de dirección entre asembleas.
A responsábel comarcal electa puxo en valor a incoporación nun 50% de persoas novas na nova dirección comarcal que conxuga experiencia e renovación, seguindo co proceso iniciado hai tres anos. O novo organismo de dirección comarcal terá como fins fundamentais facer visíbeis os problemas da xente da Mariña alí onde sexa preciso, seguindo co traballo local e comarcal dando voz ás persoas e aos sectores mariñaos que precisan dunha alternativa nacionalista que poña os intereses da comarca e do País por diante. Tamén será o organismo encargado de traballar no ámbito territorial comarcal no proceso de refundación encetado na recente asemblea nacional, afirmou.
Executiva Comarcal:
1.- ANA BELÉN ERMIDA IGREXAS
2.- BELÉN GONZÁLEZ MARTÍNEZ
3.- ROBERTO BOUZA OROSA
4.- MARTÍN GRAÑA PÉREZ
5.- CARINA PALLARES RODRÍGUEZ
6.- XOÁN ANTÓN ESTÚA GARCÍA
7.- ANTONIO VEIGA OUTEIRO
Consello Comarcal:
8.- ELISA PÉREZ VÁZQUEZ
9.- MARIO PILLADO MON
10.- JOSÉ MANUEL PEÑA ABEIJÓN
11.- MONTSERRAT PORTEIRO SÁNCHEZ
12.- MIGUEL IGLESIAS VILLARMEA
13.- INES PAZ NEIRA
14.- XOSÉ MANUEL POUSADA BARRERA
15.- MANUEL REQUEIXO ARNEXO
16.- XOÁN MANUEL DÍAZ BRANCO
17.- MARÍA SUSANA RIVEIRA FERNÁNDEZ
18.- XOSÉ LUÍS GUTIÉRREZ RIVAS
19.- ELVIRA ARIAS SANTE
20.- ADRIÁN PIÑÓN DOMINGUEZ