Lugo, 22 de marzo de 2016. O parlamentario do BNG, Cosme Pombo, anuncio que levará unha iniciativa ao Parlamento Galego para pedir explicacións pola redución de horarios no servizo dos helicópteros que dependen da Axencia Galega de Emerxencias. Pombo dixo que “estamos ante un novo recorte contra a atención sanitaria, neste caso aérea, que reduce o horario de anteción e fai que o servizo esté operativo durante 12 horas”. Cosme Pombo acusou ao PP de “continuar recortándolle a vida ás persoas que padecen infartos ou accidentes en Lugo”
En Lugo e Ourense só funcionan de 9,30h a 21,30h mentres que na Costa da Morte deixa de estar operativo ás 19,30h. Segundo o parlamentario do BNG “esta decisión provocará que en Lugo e Ourense non poidan contar cun helicóptero até as 9,30h. e que na Costa da Morte as urxencias a partir das 19,30h”. Pombo sinalou que os helicópteros están pensados para atender emerxencias naqueles lugares máis afastados de centros sanitarios e nos que a chegada de ambulancias medicalizadas resulta complexo ou os tempos de atención son excesivos.
O obxectivo destes recortes é a reducción salarial das persoas que pilotan e copilotan os helicópteros e que supoñen “menos de 100 mil euros” para cubrir todas as horas de luz. Cosme Pombo sinalou que os helicópteros poden actuar no período no que existe luz natural e “a pesares de que no verán as horas de luz son moitas máis o servizo queda reducido a 8 horas”.


















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



