Mondoñedo, 16 de marzo de 2016.- O Concello de Mondoñedo anuncia que o sábado día 19 de marzo iniciará as visitas á Cova do Rei Cintolo, que permanecerá aberta durante toda a Semana Santa. Ademais, o Goberno local explica que incrementan as quendas de acceso das fins de semana e as dos centros educativos, co obxectivo de aumentar o número de visitantes non só á cavidade senón tamén á localidade.
Durante a Semana Santa haberá tres quendas de acceso, as mesmas que haberá de venres a domingo a partir de abril, todas as fins de semana sen descanso. Os centros educativos poderán acudir cinco días laborais e non 3, como anteriormente.
A rexedora, a popular Elena Candia, explica que o obxectivo do Goberno que preside é recuperar as máis de 1.500 que pasaron pola cova en 2006. “Imos polo bo camiño, xa que en 2015 conseguimos un lixeiro incremento”, explica.
O Goberno local é consciente da importancia dun recurso como a Cova do Rei Cintolo que, de xeito responsable, se vai seguir empregando como un reclamo para todos os que decidan achegarse a Mondoñedo.
A rexedora indica que a xestión do bipartito “foi tremendamente negativa” en relación coa cova e a súa difusión e aproveitamento, tal e como demostran os datos, perdendo investimentos e visitantes.
No ano 2006 a cova recibiu 1.649 visitantes, mentres que durante o Goberno bipartito a cifra se reduciu drasticamente ata os 546 turistas. Desde a chega ao Goberno do PP apréciase un repunte con máis de 200 visitantes novos.
Novos horarios
Desde o sábado 19 de marzo ao luns 28 poderase acceder á cova en tres turnos: ás 12:00 horas, 17:00 horas e 18:30 horas.
A partir de abril a cova estará aberta todos os venres, sábados e domingos no mesmo horario. (12:00, 17:00 e 18:30 horas).
Os centros educativos poderán visitar a cavidade de luns a venres baixo demanda, dous días máis que antes. O prazo para inscribirse xa se atopa aberto e poderá tramitarse a través da Oficina de Turismo ou das redes sociais do Concello.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



