Lugo, 8 de marzo de 2016.- O Partido Popular de Lugo prepara un calendario de reunións co tecido asociativo e os sindicatos para coñecer as súas demandas e poder axudar e articular solucións. Esta medida forma parte do proxecto que guiará o partido nos vindeiros anos e que o PP pon en marcha “desde o primeiro día”. Así, a presidenta acordou, xunto co seu equipo, a creación da Vicesecretaría de Mediación Social, que ocupará o concelleiro Enrique Rozas, encargada de manter reunións periódicas con organizacións e movementos sociais “co obxectivo de non perderlle o pulso á sociedade”.
O vicesecretario de Mediación Social funcionará como un enlace entre o partido e o tecido asociativo e os sindicatos de cara a ter un contacto directo coa súa problemática e as súas necesidades. “Queremos recompilar a información de primeira man e poder ser de axuda nas súas demandas e inquedanzas”, explica a presidenta do PP de Lugo.
Elena Candia considera imprescindible manter de xeito periódico, e non só antes das eleccións, xuntanzas con sindicatos, colexios profesionais e organizacións cívicas, co obxecto de consensuar posturas e tomar o pulso constante á sociedade.
Os populares consideran que ser a forza política con maior apoio no conxunto da provincia, implica tamén unha maior responsabilidade, así como a de esixirse a necesidade de diálogo permanente e de construción de consensos.
“Debemos saber dialogar, saber escoitar e facelo dun xeito periódico, tanto para recibir ideas como para dar conta da nosa acción de goberno. Estamos obrigados a pulsar periodicamente á sociedade e a chegar a acordos, polo que xa estamos a ultimar ese calendario que nos permita sentarnos e coñecer as súas inquedanzas”.



















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



