Ribadeo, 12 de marzo de 2016. Coa presenza de numerosos clientes Panadería Torviso, de Ribadeo, celebrou este sábado a inauguración das súas novas instalacións, con despacho e obradoiro, que están situadas na rúa Reinante, número 22, en pleno centro da vila ribadense. É o primeiro traslado na longa historia deste negocio, que foi fundado en 1948.
Panadería Torviso foi creada nese ano por Manuel Torviso Barata no coñecido como Forno do Intre, lugar onde estivo a funcionar ata agora. Tras o falecemento do fundador seguiron rexentando o negocio a súa esposa, Jimena Pérez Alonso, e unha das súas fillas, María Asunción Torviso Pérez, que continúa á fronte do establecemento, ao que se incorporou recentemente a terceira xeración, concretamente o seu fillo: Manuel Franco Torviso.
Nesta tradicional panadería de Ribadeo, ademais de diversos tipos de pan, elabóranse bolería, doces, empanadas con diversos ingredientes e outra das súas especialidades son os asados. Ademais de servir os produtos no seu despacho tamén distribúen o pan en numerosos domicilios e establecementos do municipio ribadense.
A partir do próximo luns, día 14, Panadería Torviso atenderá aos seus clientes no novo establecemento da rúa Reinante, que agora estará aberto ao público toda a semana, incluídos os domingos, aínda que este día unicamente de 10.00 a 14.00 horas.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



