72 anos se cumplen da primeira vez que embarcacións focegas puxeron proa a portos de leste para iniciar a longa travesía anual e dedicar un par de meses á pesca do bocarte que era mais ou menos a duración da costeira. Foran as primeiras en tomar a arrincada as chamadas Delio e Remixia. A primeira, propiedade da familia Quintanero, tripulada polos irmáns Antonio e Eliseo Ares Otero; Valadouro, Balbino de Andrés, Chingla, Mancha,Didín, Manolo da Cacarela, Salvador Incera, Pepe do Fesguello, Suso Castiñeira e Pepe do Barbeiro, o motorista.
A Remixia, da que era armador Emilio Teijeiro “Pelotas”. Mandada por “Pachocho” levaba ademais a Alberto da Capitana, Normando, Manolo de López,Tisia, Paco de Eulalia,Barrigán, O Mereto, Pelolelo e Cora. Sucesivamente foronse unindo tódalas lanchas con base no noso porto: Mari Came, Sebito, Balboa, Jesús Dolores, Dominga,Nazareno, Lestegás, Otero Lage, Gavilán del Mar, Brisas de Foz,Normando, etc. o que significaba todo un éxodo hacia aquelas latitudes.
Nas vésperas da saída o peirao ofrecía grande animación: a preparación e aviltuallamento das distintas unidades daban lugar a un trafego de persoas, víveres, mercadurías… que levaban parello a tristura da despedida e tamén a ilusión de que á volta se cumprirían obrigas e promesas, mesmo de casamento; novos proxectos de vida… Á volta de Lequeitio era frase acuñada que expresaba esas esperanzas e eses desexos.
Pascasio era un persoeiro singular, polifacético: mestre zapateiro, carteiro e barman; enxeñoso, versificaba aconteceres da vida local.Naqueles tempos, chegada a costeira, coa música de “Santander”, o bolero que tan popular fixera Jorge Sepúlveda, cantaba: “ As de Foz son o demo e namais / todas queren gastar medias de plexiglás.Eu soñei ou dixéronme a mín / que se falla o bocarte / vánseche pra Madrí ”… Mariñeiros focegos e xentes do mar daqueles pobos viviron unha longa odisea de admirables valores humáns nos que o concepto da solidaridade e a mútua axuda, da camaradería, con tantas carencias, foron moeda cotiá. …Admirable!.
Había moitos anos que Laredo tiña dedicado unha rúa a Foz; no ano 2003 Chemari Neira, presidente da Confraría, finado prematuramente, suxiríu á alcaldía corresponder coa vila santanderina: así naceo o Paseo de Laredo que atravesa a praia da Rapadoira…
Suso Fernández





















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



