Foz, 8 de marzo de 2016.- O estudo de tatuaxes e piercings ‘The Beast Master Studio’, realizou o pasado sábado 5 de marzo un evento, durante ese día, todo o recadado en piercings, tatuaxes, roupa, complementos e bixutaría, iría destinado en forma de penso e complementos á protectora de animais de Foz.
Esperábase máis afluencia, en vista da causa. Con todo, grazas ás persoas que se achegaron, puideron recadarse máis de 100 kgs de comida (penso, latas, premios) e complementos para os cans e gatos.