Estrasburgo, 9 de marzo de 2016.- Na mañá deste mércores tivo lugar durante o pleno do Parlamento Europeo en Estrasburgo o debate de preparación da reunión do Consello Europeo dos vindeiros 17 e 18 de marzo, no que se abordarán temas como a débeda, economías emerxentes, volatilidade nos mercados ou a situación do emprego a nivel da UE, entre outros.
A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, titular para o Grupo da Esquerda Verde Nordica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL) na Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo, interpelou aos representantes do Consello e a Comisión presentes na Eurocámara para sinalarlles que a vindeira semana, cando aborden a situación do emprego na Unión Europea, “deben lembrarse da crise do sector agrícola europeo, crise que nestes momentos ten na picota a sectores como froitas e hortalizas, porcino ou leite”.
A continuación, Senra retomou a grave situación do sector leiteiro dirixíndose directamente á Comisión Europea: “a incapacidade do Comisario Hogan para atopar solucións á crise leiteira europea pon de manifesto o fracaso das súas políticas”.
Xa a principios de semana, durante a xuntanza extraordinaria da Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo que tivo lugar o luns pola noite, a eurodeputada galega visibilizou unha forte crítica ao proceder da Comisión, “benvido ao mundo real” -espetou ao Comisario de Agricultura Phil Hogan logo de que este intervira recoñecendo a existencia da crise no sector leiteiro europeo-, “cando van estar dispostos a admitir que se equivocaron aprobando a actual PAC e cando explorarán vías que conleven a regulamentación da produción e do mercado?”, insistiu a eurodeputada galega.
Senra retomou esta crítica tamén hoxe no hemiciclo, “no vindeiro Consello, volten á vida real e abran as portas á regulación da produción no sector leiteiro”, alentou, xa que “non só conta o emprego que se constrúe, senón tamén o que se destrúe”.
“Teñan en conta a situación do sector agrario e paren esta sangría para contribuír á creación de emprego e dun mundo rural vivo en Europa”, concluíu a eurodeputada de AGEe.




















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



