“SON VIVEIRO está a favor dunha xestión sostible dos recursos que posuímos na nosa contorna e somos conscientes de que o mar proporciona unha manchea de oportunidades neste sentido”.
Por iso, organizan un acto, aberto a toda persoa que desexe asistir, de valoración da situación actual do sector pesqueiro a través dunha charla informativa e divulgativa de especial interese para a xente do mar.
Trataranse, entre outros temas: a situación actual do sector, a defensa do traballo artesanal na pesca, a contaminación marítima e a presentación dunha experiencia de emprendemento como exemplo dun aproveitamento sustentable dos bens mariños.
A charla “A prol do sector do mar” desenvolverase o sábado 12 de marzo ás 11.30 horas na Confraría de Pescadores “Santiago Apóstol” de Celeiro coa participación do deputado de AGE no Parlamento de Galicia, Juan Fajardo, e en repersentación de Conservas Artesáns Curricán (Xove), Nieves Medina. Modera Marcos Besada, coordinador de SON Viveiro.