“Esta sentenza debe facer pensar ao novo comisario de Pesca e a DG MARE que hoxe perdemos todos”
Burela, 11 de xuño, 2025. A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela presentou o pasado 13 de decembro de 2022 ante o Tribunal Xeral da Unión Europea en Luxemburgo un recurso de anulación contra o Regulamento de Execución 2022/1614 do 15 de setembro de 2022, polo que se determinaba as zonas nas que se prohibe a pesca con artes de fondo por haber ou ser probable que haxa nelas ecosistemas mariños vulnerables (“EMV”).
Valoración do procedemento Xurídico.
A OPP-7 de Burela respecta a sentenza emitida polo Tribunal Xeral, aínda que non comparte o seu contido. Pese ao formalismo xurídico con que foi redactada, en opinión da OPP-7 de Burela, a sentenza desatende o feito de que as prohibicións derivadas das normas europeas recorridas son completamente desproporcionadas particularmente no que respecta ao sector do palangre demersal.
A OPP-7 de Burela continúa mantendo que a Comisión, á hora de delimitar as zonas EMV, ignorou as características técnicas particulares do palangre demersal e o seu impacto inexistente no fondo mariño. Así mesmo, ao delimitar os polígonos nos que se impón a prohibición de pesca, a Comisión baseouse nunha metodoloxía inadecuada e desproporcionada (ideada exclusivamente para as artes fixas), para posteriormente aplicala ao palangre demersal. Ao estar ancorado e en suspensión, devandita arte de pesca xera un prexuízo nulo no fondo mariño delimitado por cada polígono.
A OPP-7 de Burela lamenta que o Tribunal Xeral da UE non considerase relevante na súa valoración xurídica que as institucións europeas non tivesen en consideración o nefasto impacto socioeconómico que xera esta lexislación. Tan só nos primeiros 50 días desde a entrada en vigor das prohibicións, estas xeraron un descenso de máis do 30% no seu volume de capturas.
A OPP-7 de Burela atopa desafortunado o pronunciamento emitido hoxe polo TG, e considera que a sentenza desatende as particularidades técnicas do palangre demersal así como o efecto económico e social que xera neste sector pesqueiro en particular.
Valoración do impacto sectorial desde o Porto de Burela
“La Sentencia no es la esperada ni entendible por ilógica e injusta desde nuestro punto de vista, al no entrar en lo desproporcionada que resulta el Rglto en cuanto a las prohibiciones para algunas modalidades, la falta de consulta pública y la falta de datos científicos para cada arte de pesca”.
“Sabíamos de la dificultad en este tipo de procedimientos por la complejidad de asuntos tan globales (derechos fundamentales) y técnicos (asuntos pesqueros tan concretos), pero teníamos esperanza en que el Recurso frenara la forma de actuar de la Comisión Europea, que es algo muy peligroso para todo el sector pesquero europeo”.
“Esto significará la posible desaparición del Palangre, el arte de pesca más sostenible y selectivo de los que están pescando en los caladeros. Aquí cabe aplicar el refrán: ‘matar moscas a cañonazos’, ya que ni siquiera se trata de una modalidad en contacto con el fondo, sino demersal para la pesca de la merluza europea de pincho. Y recordar que de los 16.500 km2 cerrados hoy, sólo un 32% se corresponde con posibles zonas a proteger, mientras un 68% es por aplicar el modelo del Arrastre a todas las artes de pesca”.
“Hacemos un llamamiento a las Administraciones para que trabajen coordinadas y en conjunto, entre ellas y con el sector. En caso contrario, una parte importante del sector pesquero desaparecerá a muy corto plazo”.
“Que el sector palangrero de Burela haya recurrido la norma y dedicado tantos recursos (económicos y de tiempo) en defenderse, demuestra que esta norma no es adecuada. Y cuando una norma no es buena, hay que cambiarla. Eso es lo que tendrá que hacer la Administración Europea”.
“Esta Sentencia debe hacer pensar al nuevo Comisario de Pesca y la DG MARE que HOY HEMOS PERDIDO TODOS”.




















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



