Alumn@s de 6º de Primaria do CEIP Virxe do Carmen de Burela recibiron este mércores unha charla impartida polas monitoras da Aula de Educación Medio Ambiental Gaia sobre o uso sostible da auga. Desde Gaia lembran que o 22 de marzo celébrase o día mundial da auga, “como unha xornada para chamar a atención sobre a súa importancia e a defensa da xestión sostible deste recurso”. Como este ano o 22 de marzo non hai clases, xa que os rapaces estará a gozar das súas vacacións de Semana Santa, a actividade cambiouse para hoxe. As monitoras de Gaia subliñan que “a auga é un recurso imprescindible para a vida e temos a obriga de facer un uso sostible dela”.





















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



