Lugo, 26 de abril de 2016.- Os 12 Deputados do Partido Popular e o Deputado non adscrito presentaron este martes no Pleno sendas emendas á proposta do Goberno Provincial do Plan de Obras e Servizos para 2016 (POS), que contempla preto de 6 millóns de euros para obras nos 67 Concellos da provincia. Os votos destes 13 Deputados supuxeron a aprobación das súas emendas. Con todo, a continuación, xa na votación do POS emendado, os mesmos 13 Deputados votaron en contra das súas propias emendas e da aprobación deste plan, co fin de paralizar un investimento millonario para a totalidade de municipios lugueses. Son 4,5 millóns de euros da Deputación, achega que o Goberno Provincial decidiu cuadriplicar con respecto ao ano pasado, e aínda que estes 13 Deputados querían só duplicala, de feito así o aprobaron conxuntamente nun Pleno; e 1,2 millóns de euros dos propios Concellos.
O Executivo Provincial considera que “a actitude totalmente incongruente” dos 12 Deputados do PP e do Deputado non adscrito responde “á súa estratexia conxunta de boicotear todas e cantas iniciativas partan do equipo de Goberno. Esta estratexia é froito do síndrome presidencialista que padecen a voceira provincial do PP e o Deputado non adscrito, que están empeñados en facer todo o que sexa posible para paralizar a actividade da Deputación, con tal de satisfacer o seu tremendo ego. Ambos os dous contan, evidentemente, coa complicidade dos outros 11 Deputado do Partido Popular. Polo tanto, dun xeito totalmente irresponsable, 13 Deputados están a antepoñer intereses persoais e partidistas ao interese colectivo dos lugueses”.
13 Deputados tamén bloquean a aprobación definitiva do Presuposto
“O mesmo está a acontecer co Presuposto da Deputación para 2016”, remarca o Goberno Provincial. “Os mesmos 13 Deputados manteñen bloqueada a súa aprobación definitiva. Son capaces de paralizar a proposta de Orzamento do Presidente para os 350.000 lucenses dos 67 Concellos, que se centra en emprego, políticas sociais e mellora das infraestruturas. De feito, o Deputado non adscrito xa foi capaz de votar en contra da súa aprobación inicial, mentres o Partido Popular, consciente de que non podía votar en contra dunha proposta de Campos Conde para todos, optou por marcha do Pleno, nun acto de suma covardía e protagonizando unha auténtica escena teatral”.
Alegacións e recurso administrativo
“Os 13 Deputados teñen bloqueado a aprobación do Orzamento porque presentaron preto dunha ducia de alegacións e ata un recurso administrativo. No caso do PP, fixérono no último día legal; feito que é inexplicable, pois transformaron as emendas de marzo en alegacións. É dicir, non tiveron traballo a maiores”. O mesmo fixo o Deputado non adscrito, que tamén transformou as emendas en alegacións. Xunto a decena de alegacións do PP e do Deputado non adscrito, “é curioso” o feito de que un veciño de Becerreá presentase, exactamente, as mesmas emendas que o Deputado non adscrito.
“Síndrome presidencialista”
“O conxunto das alegacións tamén responden ao síndrome presidencialista e aos intereses persoais da voceira provincial do PP e do Deputado non adscrito. Pois, por un lado, e como mostra da xa non sorprendente complicidade que existe entre ambos os dous Deputados, coas alegacións tratan de recortar investimentos para todos os Concellos co fin de incrementar, exclusivamente, os de Becerreá e Mondoñedo. Co resto de alegacións, tratan de ralentizar a actividade da Deputación. Por exemplo, queren que os investimentos de 3.000 euros sexan aprobados no Pleno e non na Xunta de Goberno. Isto prexudicaría, gravemente, a todos os Concellos, asociacións, fundacións ou colectivos sen ánimo de lucro de toda a provincia, pois demoraríanse a aprobación de todas as axudas, e na Deputación só se xestionaría 1 día ao mes”.
Pleno Extraordinario
Coa presentación das emendas e do recurso administrativo, 13 Deputados conseguiron que hoxe non fose ao Pleno a aprobación definitiva do Presuposto da Deputación para 2016. Pois cada unha das alegacións require dun informe de intervención e dun informe de secretaria xeral, mentres o recurso administrativo tamén require dun laborioso informe xurídico. En todo isto están a traballar a reo os técnicos provincias, pois o obxectivo do Goberno Provincial é levar a aprobación do orzamento a un Pleno Extraordinario en maio, aínda todas as trabas que segan a interpoñer 13 Deputados.
O Goberno Provincial remarca que “actuaremos respectando os informes técnicos, que establecerán a estimación ou non do conxunto de alegación e do recurso administrativo; e con moita responsabilidade. É dicir, anteporemos, sempre, o interese colectivo dos máis de 350.000 lucenses dos 67 Concellos aos individuais da voceira provincial do Partido Popular e do Deputado non adscrito”.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



