Viveiro, 19 de abril de 2016.- O pasado domingo celebrouse na cidade da Coruña o Campionato Galego de Maratón cunha participación de máis de 900 atletas de tódolos clubes galegos.
O Egovarros estivo representado nesa proba por 14 atletas, acadando 6 medallas, destacando a participación femenina que se fixeron coa medalla de ouro, a debutante no clube viveirense Susana Parguiña (na foto) foi a campiona galega en W50, en W55 tamén logrou a medalla de ouro a atleta Manuela Guisasola e en W65 tamén campiona galega a súa compañeira de clube Isabel Brea batindo o récord galego da distancia, deixándoo nun tempo de 4 horas 19 minutos 28 segundos.
No apartado masculino medalla de prata na categoría de M50 para Emilio Martínez, en M60 medalla de bronce para Emilio Toral, e en M65 tamén medalla de bronce para Eliseo López, Jose Luís Meizoso na categoría de M55 estivo a punto de subir ó podium ó acadar a cuarta posición. Outros atletas do clube como Roberto Collazo e Rubén Vila, tamén fixeron unha excelente carreira ó parar o crono por debaixo das 3 horas.