Lugo, 1 de abril do 2016.- Unha nova edición da Semana das Artes na Mariña presentouse este venres no CENIMA de Foz. A Área de Cultura da Deputación de Lugo estivo representada neste acto por Antonio Veiga, Vicepresidente da Deputación de Lugo. No acto participaron tamén Xerardo López, por parte do equipo coordinador da Semana das Artes, o prologuista do catálogo editado para a ocasión, Albano González, e a deseñadora do mesmo, Cristina Basanta.
Baixo o nome de “Seis diálogos para educar” a Semana das Artes na Mariña celebrarase desde o vindeiro venres 8 ata o 29 de abril, tendo como sede o CENIMA, en Foz. Este evento pretende ser, en palabras dos seus organizadores, “ mostra das expresións artísticas dun grupo de seis creadores mariñáns que plasman nas súas obras as relacións destes co seu medio social e xeográfico inmediato, o cal comparten con nós. A exposición pretende achegar a arte á sociedade, mais tamén principalmente á escola, e ao revés, achegar a escola á arte, colocando a esta como un elemento necesario para os artistas, e tamén para o público, que debe de ser “Educado na Arte”, debendo ser tamén eliminada a outrora infranqueable barreira existente entre o creador da obra e o público-espectador/a” sinalan.
A Semana das Artes na Mariña, que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, amosará as obras de 6 autores mariñáns: David Catá, Celso Dourado, Mauro Leiras, Hector Manasé, Alberto Pena e Raimundo Ruibal. Este evento conta co comisariado colectivo de Pedro Cabarcos, Daniel Caxigueiro e Xerardo López.






















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



