Cervo, 7 de abril de 2016.- A Casa da Cultura de San Cibrao acollerá o vindeiro luns, día 11, actividades musicais dun programa promovido polos institutos de Secundaria Illa de Sarón, de Xove, e Marques de Sargadelos, de San Cibrao. Nesta iniciativa colaboran as concellerías de Cultura de Cervo e de Xove.
De 11 a 12 da mañá na Casa da Cultura haberá un obradoiro de percusión para o alumnado de 4º da ESO dos IES Illa de Sarón e Marqués de Sargadelos. E a continuación terá lugar un concerto didáctico de percusión a cargo da formación Omar Percussion Group, dirixido a todo o alumnado de Primaria e Secundaria dos centros IES Illa de Sarón, CEIP Pedro Caselles Rollán, IES Marqués de Sargadelos, CEIP de Cervo e CEIP Nº 1 de Cervo.
E o día 28 deste mes, xoves, de 11:45 a 13 horas no Pavillón de Deportes de Xove conmemorarase o Día Internacional da Danza con diversas actuacións.
A concelleira de Educación e Cultura en Cervo, Dolores García Caramés, explicou que “os Concellos de Xove e Cervo colaboran facendo posible organizar estas dúas xornadas” e engadiu que o goberno municipal cervense “apoia todo o que serve para favorecer a educación dos mozos e mozas; e esta actividade é unha forma de colaborar nese obxectivo. A música é unha materia moi favorable, sobre todo nestas idades. Seguiremos nesta liña e esperamos que os actos deste luns teñan boa acollida entre o alumnado, que estamos convencidos de que vai ser así”.






















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



