Mondoñedo, 18 de abril de 2016.- A Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo colaborou coa ANPA AMOLOU durante o curso na organización de charlas de primeiros auxilios tanto para os alumnos como para os pais.
Impartíronse un total de tres charlas para distintos cursos do instituto en horario escolar e unha charla para os pais onde os contidos das mesmas foron moi parecidos: definición de primeiros auxilios, protocolo PAS, valoración inicial e botiquín. En todas as charlas saíron casos que lles sucederon aos alumnos e dúbidas das cales se falaron nos mesmos.
A Delegación de Deportes destaca e agradece a gran acollida destas actividades e as facilidades de organización por parte do centro educativo e do ANPA.