Lugo, 25 de abril de 2016.- O Presidente, Darío Campos Conde, xunto ao Deputado de Participación Cidadá e Transparencia, Pablo Rivera Capón, mantiveron un encontro con representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, na que foi a primeira mesa sectorial do LuGoWork, para definir conxuntamente e en base ás necesidades deste sector accións formativas do que é o plan de emprego xuvenil participativo da Deputación. Está dotado de 2 millóns de euros, que o organismo provincial foi capaz de captar da Unión Europea a través da Escola de Organización Industrial.
LUGOWORK ofrecerá formación gratuíta a un mínimo de 300 desempregados lucenses de entre 18 a 30 anos para a súa inserción laboral en empresas da provincia, que recibirán axudas de ata 4.200 euros para os custos salariais e da seguridade social dos novos traballadores; ou por conta allea, opción que fomenta o emprendemento e na que os mozos contarán con ata 3.000 euros para abrir os seus propios negocios.
O Presidente explicou que, durante o mes de maio, a Deputación celebrará mesas sectoriais e manterá encontros con profesionais de todos os sectores para avaliar os nichos de emprego na provincia e deseñar as accións formativas. Campos Conde lembrou que todos os empresarios que queiran participar tamén poden facelo a través de Internet, pois na web provincial, www.deputacionlugo.gal, hai publicado un formulario para trasladar á institución as súas necesidades ou facer chegar as súas propostas formativas. De feito, 50 empresas xa o fixeron. En xuño, Deputación e EOI presentarán a programación das accións formativas do LUGOWORK
Próximas mesas sectoriais
Tras o encontro deste luns cos hostaleiros, as seguintes mesas sectoriais serán coa Asociación Provincial Empresarios da Construción (APEC); Asociación Galega de Empresas de TIC (AGESTIC); Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE); Confederación de Empresarios Lucenses (CEL); Asociación de Fabricantes de Pan; Asociación de Transformación de Madeira; Asociación de Ebanistería; Federación de Comercio de Lugo; Asociación de Confiterías ou Asociación de Transportes de Mercadorías, entre outros moitas.






















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



