Ribadeo, 14 de abril de 2016.- A programación cultural do Concello para esta fin de semana ofrece unha exposición de Xosé Vizoso, a proxección do documental Fíos Fora, e teatro con El Brujo en El Asno de Oro e a estrea de O Inspector a cargo do Grupo de Teatro de Ribadeo.
O concelleiro de Cultura de Ribadeo, Farruco Graña, detallou que “mañá, venres, ás 19:30 horas, temos a inauguración da exposición de carteis de Xosé Vizoso, unha persoa ben coñecida na comarca porque ademais levou polo mundo adiante os seus deseños a través das figuras de Sargadelos. El traballou na cerámica Sargadelos na nosa comarca e desenvolveu unha actividade creativa facendo un feixe inmenso de carteis para anunciar festas tradicionais, congresos ou concertos de música folk ao longo de todo o país. Xosé Vizoso ten deixado a súa pegada creativa a través dos seus carteis anunciando todo tipo de festas. Desde este venres 15 ata o 29 de abril imos poder contemplar unha escolma da súa obra creativa a través dos carteis na Sala de Exposicións da Oficina Municipal de Información ao Consumidor”.
Farruco Graña engadiu que “tamén o venres comezan unhas xornadas que seguirán o sábado, unhas xornadas sobre O Camiño de Santiago que terán lugar na Casa do Mar. Ademais o venres ás 20:00 horas no Cine Teatro haberá a proxección do documental Fíos Fora, que expón as claves do desenvolvemento do negocio téxtil en Galicia. Haberá a proxección e posteriormente coloquio aberto”.
O responsable de Cultura salientou que “xa o sábado 16 poderemos gozar do bo teatro da mao de Rafael Álvarez El Brujo. Representará El Asno de Oro. Aínda quedan unhas poucas entradas que se poden adquirir tanto en Codetickets como en Alandrina Tours para poder achegarse ata o Auditorio e gozar do bo teatro. Esta obra é considerada unha das máis grandes novelas da literatura latina. Narra como un mozo vítima dun feitizo errado acaba convertido en asno sen perder as súas facultades intelectuais a non ser a da linguaxe, e pasa por moitos amos e diversas aventuras das que poderemos gozar acudindo o sábado 16 ás 20:30 horas ao Auditorio Hernán Naval”.
Farruco Graña rematou relatando que “o domingo seguiremos cun teatro ben achegado para nós porque o Grupo de Teatro de Ribadeo vai estrear O Inspector. O Grupo de Teatro de Ribadeo que tan acostumado nos ten ás boas representacións por parte de xente afeccionada ribadense e da contorna que ama o teatro e quere levalo á práctica con representacións ás que xa nos teñen ben acostumados. Na anterior Feira do Libro estrearon unha pequena pasaxe desta obra e noutras ocasións teñen desenvolvido a súa actividade con outras estreas. Será este domingo no Cine Teatro ás 20:00 horas. Os nosos parabéns para o Grupo de Teatro de Ribadeo porque unha vez máis sigue mantendo viva e acesa a chama da creatividade teatral”.




















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



