Lugo, 25 de abril de 2016- O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, copresidiron este luns a reunión ordinaria da xunta local de seguridade na que, ademais de facer unha análise global da situación delincuencial no municipio, se abordou o plan de seguridade deseñado de cara á vindeira celebración da festa das Quendas, que terá lugar entre o 29 de abril e o 1 de maio.
Tal e como se acordou no encontro, os efectivos da Policía Local intensificarán os traballos de vixianza para evitar incidentes no transcurso deste cita festiva. A Garda Civil comprometeuse a traballar conxuntamente cos efectivos municipais para reforzar o dispositivo de seguridade. Así, os axentes manterán patrullas coordinadas para previr a comisión de posibles feitos delictivos, ante a congregación de xente, e tamén para garantir a seguridade nas estradas.
Os membros da xunta de seguridade acordaron ademais manter o traballo conxunto e coordinado dos corpos policiais no transcurso doutros festexos que se celebrarán nos vindeiros meses, como é o caso da Feira Medieval, ao igual que con motivo do acto de ordenación de monseñor Luis Ángel de las Heras como bispo de Mondoñedo-Ferrol, que se celebrará na localidade mindoniense o vindeiro 7 de maio.
EVOLUCIÓN DA DELINCUENCIA
Os membros da xunta de seguridade analizaron tamén esta mañá a situación da delincuencia en Mondoñedo. Así, e segundo os datos oficiais, a tasa de criminalidade do municipio sitúase nas 14,96 infraccións penais por cada mil habitantes, máis de seis puntos por debaixo da media provincial, e máis de 13 por debaixo da media galega.
Dos datos expostos no encontro despréndese tamén que a delincuencia rexistrou o ano pasado un lixeiro descenso con respecto ao 2014, manténdose os delitos contra o patrimonio como os máis denunciados, cunha media de 2,6 denuncias por delitos deste tipo ao mes. A esta tipoloxía delictiva séguenlle, en canto a número de denuncias presentadas no municipio, os delitos contra a seguridade colectiva (como son os delitos contra a seguridade vial ou contra a saúde pública) e os delitos contra as persoas.
A tendencia á baixa mantense no que vai deste ano. De feito, dende xaneiro a marzo denunciáronse ante a Garda Civil de Mondoñedo un total de 10 infraccións penais, o que supón unha baixada do 55,5% con respecto ao mesmo período do ano pasado, cando se denunciaran 18.
Os asistentes á reunión valoraron o elevado índice de eficacia acadado na resolución e esclarecemento dos delitos rexistrados neste concello e lembraron que, o ano pasado, a Garda Civil detivo a 10 persoas (8 pola súa presunta implicación en feitos constitutivos de delito e 2 por reclamación xudicial) e imputaron a outras 9.
CHARLAS PARA ESCOLARES
O subdelegado do Goberno informou na xuntanza desta mañá do traballo realizado en Mondoñedo ao amparo do Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar nos centros educativos e as súas contornas, deseñado pola Secretaría de Estado de Seguridade co fin de reforzar a educación, a prevención e a vixilancia nos centros escolares. E isto conséguese poñendo a disposición dos centros a asistencia técnica que precisen para axudar a previr e abordar os episodios graves que poidan ameazar a convivencia escolar, así como axudando a mellorar o coñecemento de alumnado, pais e profesores sobre os problemas de seguridade que afectan aos menores.
Ao longo do curso pasado, 2014-2015, impartíronse, no marco deste Plan director, 4 charlas en Mondoñedo, todas no IES San Rosendo, e nelas abordáronse os riscos de internet, o acoso escolar, a violencia de xénero e os perigos do alcohol e as drogas. No actual curso académico impartíronse 2 charlas, no CEIP Álvaro Cunqueiro, que xa tén solicitada outra máis, como tamén tén solicitadas outras 5 o IES San Rosendo.
No curso pasado, en toda a provincia beneficiáronse deste plan máis de 16.800 persoas de 127 centros de ensino. Neles, impartíronse 330 charlas e realizáronse 14 exhibicións de unidades policiais.
Na xunta de seguridade participaron, ademais do subdelegado do Goberno e a alcaldesa, representantes da Garda Civil, o Subsector de Tráfico, a Policía Autonómica e a Policía Local.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



