Lugo, a 2 de abril de 2016.- A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos na cidade de Lugo, impartiu no Cine-Teatro do Concello de Ribadeo, este sábado 2 de abril, un obradoiro de técnica básica de gaita, respiración, tempero e afinación, dixitación, ornamentación e repertorio en aberto e pechado guiado polo músico e mestre da Tradescola Jose Manuel López (Josele).
O obradoiro contou con asistentes achegados dende Cambre e Ribadeo, que traballaron aspectos da técnica básica de gaita, respiración, tempero e afinación, dixitación, ornamentación e repertorio en aberto e pechado para o nomeado instrumento.
Obxectivos da TRADESCOLA
Un dos obxectivos da Tradescola é normalizar e incrementar a presenza da música e da cultura tradicional galega na sociedade actual, e para conseguilo, realiza asiduamente numerosos actos como charlas, exposicións, concertos, cursos, certames ou xornadas que achegan a numeroso público a coñecer de preto o traballo que está a realizar esta escola, ofrecendo formación a todas as persoas interesadas na música e no baile tradicional tanto na cidade de Lugo, onde imparte aulas diariamente a máis de 250 alumn@s na rúa Pintor Corredoira nº 4, como no resto de comarcas da provincia a través da realización de diversas accións formativas relacionadas co mundo da música, do canto e do baile tradicional.