Ribadeo, 25 de abril de 2016.- Abriu as súas portas en Ribadeo Logo Design Studio, unha empresa dedicada á prestación de servizos de impresión en gran formato, rotulación, serigrafía e imprenta así como roupa laboral e textil deportivo. Logo Design Studio tamén se dedica á venda de material dirixido a instalacións deportivas.
O pasado sábado tivo lugar a inauguración de Logo Design Studio coa presentación dos seus servizos e produtos a quenes se achegaron ata o seu local, onde tamén se obsequiou cun cátering aos asistentes, que foi servido polo restaurante La Cuchara de Palo.
A firma está situada no nº 8 da rúa Vilalba, de Ribadeo.