Burela, 15 de abril de 2016.- O CD Burela FS Pescados Rubén recibe este sábado na Bomboneira (18.30 horas) a outro dos grandes, dos xigantes, ElPozo Murcia FS, que recala na Mariña defendendo a terceira praza (54 puntos); a cita poderá seguirse en directo en streaming a través de LNFS DIRECTO. “Temos que dalo todo polo play off. Chegamos xustos pero con ilusión e ganas de facelo ben, conscientes de que a clasificación pode pasar por puntuar na casa, por iso necesitamos, aínda máis, o apoio da afección para os dous partidos que nos quedan en Vista Alegre” explicaba o técnico, Daniel Ibañes, en vésperas do último Día do Club da tempada.
ElPozo, que xa adestrou esta mañá na Mariña, saltará á pista sen os internacionais Miguelín, Bebe, Raúl Campos, Álex e Gabriel Lima; recupera para a antepenúltima xornada de Primeira a José Ruiz e Jé e trae aos xogadores do filial Josema, Fernando e Elías. Con todo, para Daniel máis ou menos internacionais non fan que ElPozo perda a súa identidade para mañá: “Segue sendo ElPozo; ten un cadro moi amplo e convocou a xogadores do equipo filial que veñen de gañar a liga e xogaron moitos minutos en Primeira” incidía así o adestrador laranxa na fortaleza dos de Duda.
O equipo mariñán realizará a última sesión esta tarde en Marzán, ás 16.00. Xunto a Matamoros, tampouco poderá participar Bruno, confirmada xa unha rotura de fibras, nin o sancionado Hélder. Entrará na convocatoria o xogador do Burela FS B Diego López, Alemán.
Na primeira volta ElPozo venceu 8-3.
Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Jorge, 20. Chino, 23. Antoñito, 28. Alemán
Convocatoria ElPozo Murcia FS: 3- José Ruiz, 4-Fernando, 5-Lolo Suazo, 7-Juampi, 8- Josema, 12-Fabio, 14-Adri, 15-Rafa, 18-Elías, 21-Marinovic, 26-Matteus, 99-Jé
Taquilla desde as 17.30 horas
Vista Alegre abrirá a taquilla o sábado ás 17.30 horas; o prezo das entradas para non socios será de 15 euros/adulto e 5 euros/menor de 18 anos. Os socios accederán ás instalacións co seu carné de abonado.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
