Lugo, 3 de abril de 2016.- O Presidente da Deputación de Lugo e Alcalde de A Pontenova, Darío Campos Conde, mantivo unha xornada de traballo, o sábado día 2, con Alcaldes e cargos socialistas da provincia de Lugo, para presentar os orzamentos do ente provincial. Alí lamentou a actitude amosada polo PP neste asunto “agora os 12 deputados do PP recorren a provincia para vender os orzamentos que nin siquiera votaron”.
Campos Conde explicou que os 96,3 millóns de euros ao que ascende o orzamento da Deputación de Lugo “teñen como prioridades tres eixes; emprego, políticas socias e infraestruturas nos 67 Concellos da provincia”. Subliñou ademais que a débeda cero da Deputación de Lugo permite ao Goberno incrementar todas as partidas.
No que se refire á creación de emprego argumentou que a “Deputación de Lugo é o organismo publico que máis inviste na creación de emprego na provincia”, nese senso destacou que o ente provincial destina “preto de 20 millóns de euros en creación de emprego, dos cales 6,5 millóns de euros son para novos plans de emprego dirixidos aos veciños dos 67 Concellos da provincia. Tamén lembrou os 525.000 euros para o Centro de Recría co que se crearán 20 postos de traballo, e 363.300 euros para 6 residencias públicas, que xerarán un mínimo de 60 empregos nos concellos de Castroverde, A Fonsagrada, Pol, Trabada, Pedrafita do Cebreiro e Ribas de Sil.
Explicou a mellora das infraestruturas para os 67 Concellos da provincia, cun investimento de case 15 millóns de euros. A rede viaria provincial conta con 7,6 millóns de euros para os 4.200 quilómetros Para o POS 5,7 millóns de euros “triplícase a achega da Deputación para obras municipais con respecto ao ano pasado”. Por iso advertiu que “13 Deputados aprobarán no Pleno duplicala e non triplicala, recortando en 900.000 euros a achega municipal”. E 1,5 millóns de euros para traídas de auga e camiños.
Axudas ao Fogar, Teleasistencia e Residencias
Outra partida importante é a que se refire a políticas sociais para os 67 Concellos, e que ten unha achega de 11,2 millóns de euros. Estas cifras estarán repartidas en 1,5 millóns de euros para as Axudas ao Fogar, así. increméntase en 300.00 euros. E a cifra de 335.380 euros para o servizo de Teleasistencia, o que conleva que terá custo cero para os Concellos .
Campos Conde subliñou que aprobaron unha partida de 4,8 millóns para as residencias e centros de día públicos de Navia de Suarna, Guitiriz, Meira e O Saviñao, e 5 millóns para os centros de maiores de Portomarín, Folgoso do Courel e Becerreá.
Hai outras partidas como 1,6 millóns de euros para o primeiro Centro de Innovación Social en Galicia (INLUGO), Escola de Imaxe e Son e Fundación TIC. 350.000 euros para o Plan en Impulso do Campus de Lugo, 312.000 euros para a UNED, e 152.500 euros para Rof Codina e Relacións Laborais.
Equilibrio con 7 millóns de euros para os 67 concellos
Replicou ademais que con este orzamento “conséguese o equilibro con máis de 7 millóns para actuacións nos 67 Concellos, para conseguir o equilibrio e respectar os convenios que deixou aprobados o Goberno de Elena Candia para 17 Concellos exclusivamente gobernados polo PP, entendendo que os prexudicados sempre son os veciños dos mesmos”, insistiu.
Campos Conde aludiu a outra serie de investimentos do organismo provincial como por exemplo 500.000 euros para a posta en marcha do Plan Integral de Turismo,1,5 millóns de euros para medidas de aforro enerxético e de xestión de residuos ,4,2 millóns de euros para actuacións deportivas, 6,6 millóns de euros para actuacións culturais, e por último 1,4 millóns de euros para o impulso da artesanía e o deseño.


















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



