Viveiro, 26 de abril de 2016.- O colectivo viveirés Pensamento e Sementeira organiza o vindeiro xoves 5 de maio un recital onde unha ducia de veciños e veciñas de Viveiro recitarán poemas de Manuel María. O acto contará tamén coa estrea dunha peza da autoría de David Catá. A composición que leva por título “Sete pétalos de rosa. (Homenaxe a Manuel María)” será interpretada ao piano polo autor acompañado polo violín do profesor J. Cabalar.
Patricia Álvares (panadeira), Adrían Ben (atleta), Moncho Bermúdez (músico), Flor Chao (do colectivo “Fraga das Saímas”), Andrés Díaz (Práctico de Porto), Xoel Eijo (estudante), Alba Fernández (do colectivo Aspanane), Suso Fernández (concelleiro de Educación), Margaret Licklider (lectora de inglés), Cristina L. Felipe (xornalista), Teresa Penabad (presidenta da Coral “Alborada”) e Xosé M. Vázquez “Leman” ( hosteleiro), recitarán 12 poemas de Manuel María.
O acto iniciarase coa lectura de “Manuel María en Viveiro”, un texto que recolle as colaboracións do poeta nos actos culturais da Vila; proxectaranse vídeos realizados por Abella Albo e escoitarase a interpretación de “O carro” por parte do Coro do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro dirixido polo profesor Álvarez Neira.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



