“Foz, Plataforma de Futuro” ven de celebrar unha Asamblea Extraordinaria o 18 de abril de 2016 co único punto na Orde do Día de elexir a nova Coordinadora Xeral desta organización política, posto que se atopaba nunha situación de interinidade debido a dimisión da anterior Coordinadora Xeral, Guadalupe Neira Luaces, por motivos persoáis.
Durante estes meses dende dita dimisión “Foz, Plataforma de Futuro” estivo dirixida por unha Xestora á fronte da cal se atopaba Loli Sampayo González, dende aquí no nome da nova Coordinadora Xeral e de todos os seguidores queremos agradecerlle a ela xunto co seu equipo a súa labor.
Podía presentar candidatura calquer seguidor da Plataforma, coa única disposición de unha persoa, un cargo. Durante esta Asamblea Extraordinaria presentouse unha única candidatura para o cargo de Coordinador Xeral, Coordinador Secretario e Coordinador Tesoreiro que
pasamos a detallar:
Coordinador Xeral: Javier Gil Cillero
Coordinadora Secretaria: Paula Rico Ramos
Coordinador Tesoureiro: Jesús Igualada Moreno
Nesta Candidatura quixeron participar como Coordinadores/as de Área as seguintes persoas:
Ana Isabel Villarino Alonso
Jose Manuel Casabella Otero
Loli Sampayo González
María Estefanía Otero Rivas
Ramón Fernández Gómez
Esta Candidatura foi elexida por unanimidade dos seguidores presentes.
Desta Coordinadora Xeral tamén formarán parte os Concelleiros electos Luis Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños.
Tamén foron elexidos os seguintes cargos, que aínda que non forman parte da Coordinadora Xeral son de vital interés para esta formación posto que desempeñan unha labor moi importante dentro da estructura interna de “Foz, Plataforma de Futuro”:
Defensor do Simpatizante: Miguel Barral García
Comisión de Conflictos e Garantías: Isabel Cabana Barrera
Marcos Lastra Varela
Álvaro Martínez García
A nova Coordinadora Xeral tivo a súa primeira reunión de traballo o xoves 21 de abril de 2016 para estudar os asuntos pendentes que atinxen a esta formación e ten interese por reunirse, como así se quedou durante a campaña electoral das pasadas Eleccións Municipáis, con todas as asociacións veciñáis, culturáis e deportivas do noso Concello para que nos
trasladen as súas preocupacións e necesidades para así coñecer de preto as demandas dos cidadáns de Foz.
















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



