Bruxelas, 22 Abril 2016. Dende as 10.00 e até as 19.30 horas deste sábado 23 de abril o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), do que Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) forma parte no Parlamento Europeo, desenvolverá a través de AGEe a xornada aberta Presente e futuro enerxético da Galiza no Contexto Europeo, que terá lugar no Teatro Principal da Estrada (Pontevedra).
ÁS 12.00HRS. DE MAÑÁ, SÁBADO 23, LÍDIA SENRA REALIZARÁ UNHA VALORACIÓN DA XORNADA PARA OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN NA PROPIA SEDE DA XORNADA, O TEATRO PRINCIPAL DA ESTRADA.
Este espazo informativo e de encontro celebrarase a iniciativa da eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, quen destacou que nestes momentos “estase a dar un debate moi importante a nivel da UE en relación ao modelo enerxético; Juncker quere impulsar nesta lexislatura o Mercado Único Enerxético, unha proposta que vai ter grande impacto en toda a poboación europea pero do que a cidadanía carecemos de información suficiente”. “Este é un dos motivos polos que cómpre tomar consciencia xa das múltiples implicacións do modelo enerxético e avanzar nas alternativas ao mesmo construídas dende o social”.
Polo tanto, ademais da presentación de experiencias alternativas reais a nivel enerxético como as identificadas no proxecto cooperativo de orixe catalá Som Energía -e na súa delegación galega Som Enerxía Galiza-, Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega e o proxecto cooperativo de orixe vasca Goiener, estas xornadas teñen tamén o obxectivo de facilitar “coñecementos para adquirir unha maior consciencia do compoñente estratéxico dos modelos enerxéticos a nivel xeopolítico”, apuntou Senra; segundo datos da propia UE, “o territorio comunitario importa o 53% da enerxía que emprega, invertendo nela un custo aproximado de 400.000 millóns de euros; polo tanto actualmente a Unión Europea estaría a ser o maior importador de enerxía do mundo”.
Así, debullar colectivamente propostas como a da Unión da Enerxía elaborada pola Comisión Europea, “apuntaranos por exemplo a conexión existente entre esta proposta e as tensións nas relacións entre a UE e Rusia”, avanzou. “E tamén nos aportará novas claves de análise para comprender o que pode suceder no futuro en países como Irán, Irak ou Libia, no punto de mira da Comisión para diversificar as súas fontes de enerxía”. Posto que a UE, como amosa diariamente por exemplo na súa relación con Turquía, non ten problema en mirar para outro lado cando está interesada en establecer acordos con gobernos que non respectan os dereitos humanos da súa poboación, xa varias organizacións internacionais están a avisar da posibilidade de que, unha vez máis, a UE dea o seu apoio a gobernos autoritarios a cambio de satisfacer os seus intereses xeopolíticos.
Por outra banda, proseguiu a eurodeputada galega, “que a ninguén se lle escape que o Comisario de Enerxía da UE é un individuo que mantén intereses directos en empresas petrolíferas”, o cal fai dubidar de se Arias Cañete está a funcionar máis como un lobbista que coma un Comisario, “tendo sido moi polémico dende o inicio o seu nomeamento ao incorrer en serios conflictos de intereses”. Logo están tamén as recentes informacións que o relacionan co branqueo de cartos denunciado nos Papeis de Panamá. “Se un individuo coma este é o responsábel europeo de enerxía, xa podemos imaxinar por onte van ir as propostas da UE….”, advertiu a eurodeputada galega.
Con esta xornada dende AGEe procuramos polo tanto, non só dar a coñecer alternativas ao actual modelo enerxético e ás propostas que se pretenden impor dende o neoliberalismo, como a nomeada Unión da Enerxía, “senón tamén sensibilizar á cidadanía do compoñente estratéxico que para os pobos, para as nosas vidas, ten cada vez máis a cuestión enerxética”.
A xornada deste sábado estruturarase en torno a catro paneis temáticos: O MODELO ENERXÉTICO. VISIÓN GLOBAL DA SITUACIÓN ACTUAL. INSUSTENTABILIDADE E TRANSICIÓN ENERXÉTICA (10.30hrs.), UNIÓN DA ENERXÍA (12:30hrs.), MERCADO ELÉCTRICO NA GALIZA E NO ESTADO ESPAÑOL NO CONTEXTO EUROPEO. NORMATIVA E DÉFICIT TARIFARIO (16.00hrs.) e REFORMAS LEVADAS A CABO NOS ÚLTIMOS TEMPOS. OUTRAS EXPERIENCIAS DE COMERCIALIZACIÓN DENDE O COOPERATIVISMO (18.00hrs.)
Preguntas parlamentarias
A eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, ten realizado preguntas parlamentarias dirixidas á Comisión Europea solicitando información referida á denominada “gobernanza dos océanos” e a súa relación ca produción enerxética, loita contra a pobreza enerxética e poñendo sobre a mesa o emprego da enerxía como moeda de cambio das grandes empresas nas negociacións cos gobernos a través do exemplo de Alcoa e a chantaxe aos poderes públicos.


















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



