O Grupo de Montaña do Club Deportivo Básico Marqués de Casariego prepara a ruta Mazuco – Peña Blanca – Alto de Ortiguero para o sábado 23 de abril con saída ás 07.30 horas dende Tapia, pero con paradas en Salcedo e Xixón. Trátase dunha travesía de 16 quilómetros con 900 metros de desnivel de subida e 720 de baixada que transcorre pola Serra de Cuera, muralla caliza que se interpón entre Os Picos de Europa e o Mar Cantábrico. O prezo da actividade é de 3 euros para socios colaboradores, 5 para os socios e 12 para os que non son socios. Os interesados e interesadas poden informarse ou inscribirse ata o xoves 21 de abril nos teléfonos 689 175 515, 659 000 707 e 608 540 828 ou a través do enderezo electrónico cdbmarquesdecasariego@gmtapia.es.
Marqués de Casariego prepara a ruta Mazuco – Peña Blanca – Alto de Ortiguero