Burela, 14 de abril de 2016.- Alfredo Gómez Cerdá, autor madrileño con máis de 80 libros no seu haber para todo tipo de público (infantil, xuvenil e adulto), visitou na mañá deste xoves o IES Perdouro para manter unha charla informal con alumnado de 2º de ESO.
A súa extensa obra publicouse en varios países de Europa, América e Asia e moitos dos seus títulos podemos atopalos traducidos ás máis variadas linguas, dende o galego, o portugués, o catalán, o vasco, o francés, o italiano, o inglés ou o alemán, ata o coreano, o chino, o xaponés ou o esperanto.
Foi recoñecido con decenas de premios, entre eles o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, o “Cervantes Chico”, o “Barco de Vapor” ou o “Gran Angular”.
Isto é un sinal claro do bonfacer do autor. Chega cunha facilidade incrible ao seu público, recurrindo tanto a personaxes que parece que existen de verdade como a temas que están en primeira liña na actualidade. Unha forma moi eficaz de chegar sobre todo ao público xuvenil. Non agocha o que a xuventude e as familias fan mal; pola contra, invítanos á reflexión sobre certas actitudes poñendo os seus personaxes nesas situacións. É o caso do libro que centrou o encontro deste xoves, El rostro de la sombra, premio Hache 2013, co que Gómez Cerdá achega a mocidade á súa realidade máis inmediata: encontro co alcol, emprego das novas tecnoloxías, actitudes de superioridade e de rebeldía cara os demais, sobreprotección familiar…





















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



