Foz, 8 de abril de 2016. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, critica aos concelleiros do PSOE por votar en contra, no pleno da corporación celebrado onte, da resolución por mutuo acordo do contrato coa empresa de abastecemento de auga e depuración, porque os socialistas “ocasionaron a situación actual cando gobernaron no Concello”.
O rexedor municipal explicou que “dende o goberno municipal de Foz quedamos sorprendidos e abraiados coa desculpas dos concelleiros do PSOE por votar en contra da proposta que facíamos para a resolución amigable do contrato do servizo de abastecemento de auga e depuración con Gestagua. Parécenos vergonzoso que o Partido Socialista, que foi o que provocou esta débeda inicialmente porque prorrogou por 20 anos un contrato de 5, ás costas da oposición; e fíxoo con esas cláusulas de actualización dos prezos de forma anual, que despois estando na oposición negouse a aprobar esas actualizacións e a trasladalas ás subas periódicas aos veciños. Por iso, ao non cumprirse, Gestagua reclama máis dun millón de euros ao Concello. Parece completamente demagóxico que agora que tíñamos a solución a ese contencioso que hai coa empresa concesionaria para resolvelo de mutuo acordo, sabendo o que din tanto os técnicos que revisaron este asunto coma os servizos xurídicos da Deputación e incluso as sentenzas que hai favorables ás empresas, por exemplo no Concello de Viveiro; sabendo que todo isto pode ser desfavorable para o Concello de Foz e que poden reclamarnos xuros de demora por cerca de 150.000 euros e ademais danos e prexuízos, o Partido Socialista segue dando ás costas a resolver estes problemas do Concello de Foz”.
Javier Castiñeira engadiu que “cando o Partido Socialista aprobou a última prórroga fíxoo co rodete da maioría absoluta, ás costas do Partido Popular e do Bloque, que non recibiron ningún tipo de información sobre ese asunto; por enriba aumentou o servizo de augas e puxo o de depuración, que eran outros 350.000 euros anuais máis. O Partido Socialista cando o aprobou, no ano 2007, tiña sete concelleiros e agora ten tres. Creo que a xente se dá conta de que o PSOE fai mal as cousas, ás costas dos cidadáns, e por iso hoxe en día teñen 1.500 votos menos que cando aprobaron esa prórroga no ano 2007. Agora seguen estando ás costas do que piden os cidadáns, non queren solucionar os problemas que eles mesmos crearon e temos unha débeda que, se fixeran caso ao Partido Popular no ano 2011 e se fixeran as actualizacións, agora en vez de ser un millón de euros serían 300.000, que era a débeda que deixara o Partido Socialista no seu goberno”.
Polo tanto para o alcalde focense o PSOE actúa cunha “absoluta falta de criterio, moita hipocrisía e demagoxia política. Só lles interesan os informes técnicos cando están do seu lado. Cando os informes técnicos din que é imposible baixar o IBI, como pide o Partido Socialista, porque afectaría ás contas e desestabilizaría os orzamentos municipais, non lle fan caso aos interventores; só cando lles interesa. Por tanto parécenos verdadeiramente vergonzoso”.
Castiñeira destacou que o actual goberno municipal “fixo o que podería solucionar ese contencioso, pero agora quedamos en mans da empresa; e loxicamente apercibimos de que vamos seguir acumulando esa débeda. Non vai ser porque o Partido Popular non intentara evitalo. Tamén apercibimos de que temos un verán, con 25.000 persoas, á porta e é probable que á empresa poida afectarlle na estabilidade dos servizos, pero esperamos que sexa o suficientemente profesional para que non afecte, pero aí queda dito. Tamén lle dixemos ao Partido Socialista que se o que quere é subirlles as taxas aos veciños, que era o que correspondería loxicamente, neste mes de abril vamos levar a actualización de prezos, non polo 30 por cento que corresponde senón que será cun 10 por cento, para suavizalo. Pero iso en todo caso servirá para non seguir incrementando a débeda, pero perdemos unha oportunidade moi grande de librarnos dun contencioso, que practicamente temos perdido, e de seguir pagando xuros de demora, danos e prexuízos e costas dun xuízo”.

















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



