Burela, 7 de abril de 2016.- Chegou a quenda dos orzamentos no concello de Burela, xa en pleno mes de Abril. Non se entende moi ben que se demoraran tanto cando se trata duns presupostos moi similares ós anteriores.
O mais extrano para o BNG de Burela é o feito de que certos anuncios feitos polo alcalde, Alfredo Llano, durante estes meses de goberno socialista non se ven reflexados no documento que foi presentado. Así as cousas, “non vemos por ningures nin a remunicipalización dos servizos básicos, coma a auga e o lixo, que o PSOE compartía con nos no programa eleitoral nin o plan de emprego que prometeron levar a cabo” sinalou o voceiro nacionalista Mario Pillado.
O peor de todo isto é que son nestes conceptos onde segue a medrar o gasto, posto que so en abastecemento de auga, recollida de lixo e alumeado público ten aumentado o gasto en 88000 euros, atendendo ós datos da liquidación de 2015. “Estamos convencidos que facendo públicos estes servizos se podía aforrar coste e mellorar un servizo que na actualidade non é acorde co que estamos a pagar” salientou Pillado.
Non é este o gasto que máis preocupa os nacionalistas, despois do brutal aumento sufrido nos anteriores orzamentos en partidas coma gastos protocolarios, propaganda, dietas, locomoción e outros gastos dos órganos de goberno, neste 2016 o seu nivel non baixou en absoluto, é mais, hai partidas que duplican o seu valor, algo que non se entende.
Os socialistas non mudan as políticas sociais e laborais anteriores
Por outra banda, repasando o gasto social orzamentado, tanto en asistencia social, en asistencia en drogodepencias e igualdade, é totalmente continuista, non se aprecia cambio de políticas por ningún lado. O mesmo ocorre no eido do emprego, comercio e turismo. Para o edil Mario Pillado “estamos deixando os cartos en empresas privadas nos servizos básicos e logo non podemos incrementar o gasto no social, laboral, comercial e turístico, fai falla mudar completamente o sentido político dos orzamentos para sairmos adiante”.
Por outra banda, no apartado de ingresos, os nacionalistas lamentan como de novo volven a subir tanto os impostos directos como as taxas e prezos públicos. “Son os veciños os que soportan de novo a maior carga destes orzamentos, cunha subida de impostos e taxas do 5 %, curiosamente no mesmo nivel no que aumenta en termos absolutos o propio orzamento. Os burelaos imos a pagar mais sen ter garantía nengunha de que logo vaiamos ver reflexado iso na nosa calidade de vida, mais ben todo o contrario” rematou o edil nacionalista.


















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



