Lugo, 27 de abril de 2016.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, sinalou este mércores que “as incongruencias de 13 Deputados” este martes no Pleno Provincial amosan as súas intencións: “paralizar a institución. Dun xeito totalmente irresponsable, antepoñen os seus intereses partidistas e persoais ao colectivo de todos os lucenses, debido ao síndrome presidencialista que sofren a voceira provincial do PP e o Deputado non adscrito. Os únicos que deberían dimitir son eles”.
Darío Campos remarcou cada una das “incongruencias” amosadas onte no Pleno polos 12 Deputados do Partido Popular e o Deputado non adscrito:
PRIMEIRA INCONGRUENCIA: 13 Deputados aproban emendas ao POS e logo votan en contra do POS emendado por eles mesmos.
O Presidente explicou que “o Goberno Provincial presentou á sesión plenaria a súa proposta de Plan de Obras e Servizos, que dotamos de 6 millóns de euros para obras nos 67 Concellos, cuadriplicando a achega da Deputación con respecto ao ano pasado. 13 Deputados primeiro emendárono e logo votaron en contra do POS emendado. Non se entende. Xustificaron a súa postura, dicindo que para aprobar o POS tiña que estar aprobado o Orzamento. Mentiron. O POS ten que ir varias veces á sesión plenaria, canto menos dúas, unha para dotalo de orzamento, e outra para aprobar a listaxe de obras que presentan os Concellos. Se nós o presentamos onte foi, precisamente, para axilizar todo este proceso e, polo tanto, a súa execución nos municipios, que a están esperando”.
SEGUNDA INCONGRUENCIA: 13 Deputados xustifican o seu voto en contra do POS que eles emendaron porque non está aprobado o Orzamento e logo votan a favor dun plan de emprego, que si necesita orzamento para ser aprobado, e que, ademais, non se pode aprobar no Pleno senón na Xunta de Goberno, que é a que está lexitimada.
Campos subliñou que “é o non polo non, está claro. O único que queren é que non saía nada do Goberno, custe a quen lle custe. Non pensan nos veciños. Só en eles mesmos. A única diferenza é que o POS era unha proposta do Goberno, de aí que 13 Deputados se opuxesen, e o plan de emprego unha moción do PP, que 13 Deputados si apoiaron”.
Confesións públicas
Tal e como confesou publicamente no Pleno a voceira provincial do PP, cómpre destacar, en primeiro lugar, que o Partido Popular presentou unha proposta para facer un plan de emprego nos Concellos porque o propio Presidente lle trasladou a Elena Candia, durante as conversas para consensuar o orzamento, que quería ofrecérllelo aos municipios e establecer que as propias entidades locais tivesen máis potestade no mesmo para encaixalo as súas necesidades. Polo tanto, tentou, sen éxito, copiar a Campos. Pois o Presidente nunca lle especificou a cantidade para esta programación, que o PP valorou en 5 millóns, xa que dos 6 millóns de euros do Orzamento de 2016 para políticas de emprego, Campos Conde ten previsto, ademais dunha programación para todos os municipios lucenses, outros plans cos sectores produtivos e asociativo para acadar unha maior inserción laboral. É dicir, que rematada a programación, os traballadores continúen nos seus postos de traballo, evitando, na maior medida, a temporalibilidade.
En segundo lugar, o PP fai esta proposta a través dunha moción ao Pleno, cando un plan de emprego nin se pode aprobar mediante unha moción, en todo caso a través dunha proposta de Goberno, que é quen xestiona; ao igual que tampouco se aproba no Pleno, senón na Xunta de Goberno. Tal como hoxe lembrou Campos Conde, hai a sentenza contra o recurso desestimado de Elena Candia contra o Plan de Emprego en Concellos de menos de 5.000 habitantes da Rede Natura que fixo a Deputación, que estable a “lexitimidade” da Xunta de Goberno para aprobar os plans de emprego e as súas bases.
TERCEIRA INCONGRUENCIA: 13 Deputados votan en contra da proposta do Goberno para que a Deputación financie en Sarria as obras na Ponte Ribeira, na residencia e na piscina, pero votar a favor da moción do PP cando supón menos investimento para este Concello.
O Presidente explicou “a Alcaldesa de Sarria pediu axuda para arranxar a Ponte Ribeira, para melloras na residencia e para a instalación eléctrica da piscina municipal. Por iso, o Goberno Provincial fixo esta proposta, que 13 Deputados rexeitaron. Pola contra, votan a favor da moción do PP que supón menos inversión en Sarria, xa que se opuxeron as obras na piscina municipal, que son as únicas pendentes para poder abrir estas instalacións. Non se entende. E máis aínda cando o propio voceiro do PP en Sarria, que tamén foi Alcalde, é Deputado Provincial. Van en contra dos intereses dos sarriáns”.
“Prioridade”: presuposto e Pleno Extraordinario
O Presidente explicou que “os mesmos 13 Deputados manteñen bloqueada a aprobación definitiva do Orzamento. Se se aprobou de xeito inicial foi, exclusivamente, gracias ao Goberno. O Deputado non adscrito xa foi capaz de votar en contra, e o Partido Popular, consciente de que non podía opoñerse, fixo o paripé de marchase. Agora presentaron unha ducia de alegacións, no caso do PP o último día legal para facelo, e ata un recurso administrativo, que requiren de numerosos informes técnicos que estamos a elaborar. A miña prioridade é aprobar o orzamento. Por iso, como xa adiantei, convocaremos un Pleno Extraordinario nos primeiros días de maio”.
O Presidente subliñou que “actuaremos respectando os informes técnicos, que establecerán a estimación ou non do conxunto de alegacións e do recurso administrativo; e con moita responsabilidade. Anteporemos, sempre, o interese colectivo dos máis de 350.000 lucenses dos 67 Concellos aos individuais da voceira provincial do Partido Popular e o Deputado non adscrito”.















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



