Trabada, 15 de abril de 2016.- A Deputada luguesa do PSdeG-PSOE, Margarita Pérez Herraiz, a Alcadesa de Trabada, Mayra García e o Alcalde de Vegadeo, Cesar Álvarez presentaron este venres unha proposición parlamentaria na que instan ao executivo central que reclamen á Confederación Hidrográfica do Cantábrico a limpeza da canle do río Eo no entorno da Ria de Abres, en Trabada e en Abres, Vegadeo.
Pérez Herraiz sinala que nesta zona do río hai un gran acumulación de materiais depositados pola auga que impiden o seu curso regular. Advirte que a día de hoxe estes restos favorecen problemas de sedimentación, o que conleva que existan zonas inundables, incluso en parcelas que están habitadas.
A Alcaldesa de Trabada, Mayra García demandou que de xeito urxente se repare a canle “xa que ocasiona problemas de inundacións tanto aos veciños de Trabada como aos de Vegadeo”.Lembrou ademais que xa reclamaron as administracións a necesidade de sanear o entorno do río e piden que se retiren varios árbores xunto a unha zona denominada o Fornacho.
O Alcalde de Vegadeo, Cesar Álvarez, asegurou que os veciños están sufrindo constantemente os problemas de inundación cada vez que hai unha crecida “pola mala limpeza do canle, e pola deixadez e o abandono da administración ante un dos recursos naturais mais importantes desta comarca de Galicia e de Asturias”.


















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



