Os versos frolecidos en Louvanza de Foz foron escritos por Manuel María para os I Xogos Florais de Foz no ano 1966, e gañaron aquel premio. A Librería Bahía editou ao ano seguinte aqueles poemas e reeditounos no ano 1983 para celebrar o 30 aniversario da Librería.
Este ano en que se lle adica as letras galegas a Manuel María e que se cumplen 50 anos da edición daquel poemario, quixemos recuperar esta obra dándolle un novo valor. Para esto pedimos a colaboración de varios artistas da Mariña que ilustraron os poemas, así esta nova edición vai ilustrada con obras de Juanel Ponte, Caxigueiro, Xosé Vizoso, Xosé Branco, Nachok e Lucía Vila, que colaboraron de forma totalmente desinteresada para que este libro vexa a luz.
Xunto coa edición do libro, e dentro da SEMANA DAS ARTES NA MARIÑA que está a se converter nun dos grandes acontecementos culturais na nosa comarca, vamos a levar adiante unha exposición tamén na LIBRERÍA BAHÍA
titulada MANUEL MARÍA EN FOZ. OS VERSOS FROLECIDOS. Esta exposición
consta de dúas partes, dunha os orixinais das obras que os artistas
antes citados achegaron para ilustrar os poemas, xunto con algún dos
poemas; Doutra banda, presentará unha memoria fotográfica do paso de
Manuel María por Foz, con fotos, unhas obtidas no arquivo de Suso do
Bahía, cronista oficial e gran amigo de Manuel María, e outras cedidas
polo concello, asimismo o concello tamén nos cede para esta exposición o
debuxo de Juanel Ponte que preside a Casa da Cultura. A exposición
vaise desenvolver dende o 26 de abril ao 24 de maio na Librería Bahía.
Presentación e inauguración
O día 26 de abril, martes, ás oito e media da tarde, celebrarase un
acto de presentación do libro e inauguración da exposición. No acto van
a intervir os artistas que ilustran o libro e protagonizan a exposición,
xunto coa editora, tamén intervirán dús rapazas que recitarán algún dos
poemas.