Non é a primeira vez que podemos contar coa visita de El Brujo por Ribadeo, mais cada unha das súas actuacións na vila supoñen unha oportunidade única para desfrutar dun espectáculo diferente. Así pois, este sábado 16 de abril, ás 20.30 horas agárdavos o artista cordobés no Auditorio Municipal Hernán Naval para presentar unha relato sorprendente, de Lucio Apuleyo, un dos pais da novela en Roma.
O protagonista, tamén chamado Lucio, convertido nun asno, vive coa súa alma humana no interior dun corpo animal un longo espazo de tempo até recobrar a súa forma humana. Encontrámonos unha historia de caída e redención, de crise e conversa.
A trama énchese de acción e dinamismo, humor e ironía, e unha significativa excentricidade. O Lucio asno ten a ocasión de mostrar a corrupción e a crueldade, a superstición e as tensións do mundo mediterránea da época a través dunha viaxe que recorda ao Lazarillo de Tormes pasando calamidades.
El asno de oro, non se tiña representado nunca baixo ningunha forma, o que engade un valor especial ao seu caso, supondo unha estrea mundial dun clásico latino. A música, a prosodia específica para este tipo de textos, o humor e o sentido da festa priman nesta adaptación.
Para quen coñeza El Brujo, sabemos que non faltará a esta cita, e para quen aínda non, nada mellor que achegarse ao Auditorio e gozar da representación.
As entradas están á venda en Alandrina Tours e codetickets.com.