Estrasburgo, 13 de abril de 2016. Este mércores o Parlamento Europeo votu unha recomendación elaborada dende a Comisión de Medioambiente, Saúde Pública e Seguridade Alimentaria do Parlamento Europeo ao respecto da posíbel renovación do emprego do glifosato, compoñente presente na marca comercial Roundup -o herbicida máis comercializado do mundo-, propiedade da polémica transnacional da alimentación transxénica Monsanto, actualmente denunciada no Tribunal da Haya acusada de crimes de lesa humanidade.
“Alguén debería explicar por que antes da comercialización da soia transxénica o límite máximo residual de glifosato en soia en Europa e Estados Unidos era de 0,1 mg/kg e a partir do 1996 foi elevado a 20 mg/kg”, cuestionou o pasado luns no debate sobre este punto a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda, Lídia Senra. “Foron os estudos e as evidencias das empresas, tal vez, as que determinaron elevar este límite?”, insistiu. Os datos do negocio falan por si mesmos: no ano 1974 empregáronse 3.200 toneladas de glifosato, no 2014 825.000 toneladas, é dicir, o seu emprego multiplicouse por 260.
Se ben inicialmente o informe votado hoxe avogaba con contundencia por non renovar a licencia deste herbicida, o principal obxectivo do mesmo ficou deturpado tras a aprobación dunha enmenda introducida polo Partido Popular Europeo na se propoñía a ampliación a sete anos.
“Hoxe presenciamos un caso paradigmático do poder dos grandes lobbies sobre os partidos políticos. De feito, o luns antes de iniciar o pleno, o PP europeo pedíu introducir un debate sobre este informe que non estaba previsto, como estratexia para tentar frear a alta preocupación que hai co glifosato”, aclarou a eurodeputada galega. “Sen embargo, tamén temos que ser conscientes de que o propio feito de que dende as forzas políticas máis próximas ao lobby transxénico se propuxera valorar a ampliación a sete anos, desbotando a proposta inicial da Comisión ampliala até os quince anos -que é o máximo permitido-, é un síntoma de que non se ben fortes. Cómpre unidade e contundencia, esta batalla podémola gañar”, animou.
Senra tamén criticou que se estea a empregar como argumento a favor do glifosato o seu alto emprego na agricultura, o 76% do emprego total-. “As labregas e labregos somos as primeiras interesadas en que se garanta a seguridade alimentaria”, reivindicou, “deixen de utilizarnos como escusa para protexer intereses contrarios aos nosos”.
No mes de maio a sección de fitofarmacéuticos do Comité Permanente de Vexetais, Animais, Alimentos e Pensos votará a preocupante proposta da Comisión de seguir permitindo o glifosato na EU até o 30 de xuño de 2031 . Se non hai maioría abondo, corresponde decidir á Comisión Europea.
“Esta é unha batalla importantísima, trascendental para a nosa saúde, que estase a dar nestes precisos momentos, por iso é moi importante que activemos todas as forzas posíbeis dende todos os eidos: social, político, académico…”, alentou Senra.
A eurodeputada de AGEe co-asinou xa no pasado mes de xaneiro unha carta dirixida ao Comisario de Saúde e Seguridade Alimentaria, Vytenis Andriukaitis, subscrita por máis de cincuenta eurodeputadas/os, na que expresan a súa fonda preocupación polo emprego desta substancia e as manobras de presión exercidas sobre a Comisión Europea e a Autoridade Europea para a Seguridade dos Alimentos (EFSA). AGEe tamén rexistrou unha pregunta parlamentaria dirixida á Comisión Europea denunciando o emprego de glifosato nas fumigacións realizadas pola empresa Ence na Galiza.


















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



