Burela, 13 de abril de 2016.- O CD Burela FS Pescados Rubén terá novos membros na súa estrutura durante os vindeiros meses. Dende a semana pasada tres alumn@s realizan as prácticas formativas do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas do IES Monte Castelo. Os estudantes e tamén xogadores na base laranxa Silvia Rubal, Adrián García e Rubén Fernández foron recibidos na sede burelista polo presidente, Manuel Blanco, acompañados polo xefe do Departamento de Educación Física do centro, Roberto Ramallal.
Silvia, Adrián e Rubén realizarán labores de xestión, coa organización de torneos de base, e participarán na actualidade dos adestramentos da escola nas diferentes categorías, así como cos equipos sénior masculino e feminino, completando un total de 380 horas de prácticas ata mediados de xuño.
Nas última tempadas xa é toda unha tradición a aposta conxunta, de valoración e difusión da práctica deportiva, entre o IES Monte Castelo e o CD Burela FS Pescados Rubén. Ademais de figurar como centro de traballo para o desenvolvemento formativo do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas, o club tamén organiza charlas educativas e conferencias relacionadas coa saúde e a práctica deportiva, como axuda prestada ao centro de ensino. Pola súa banda, o instituto burelao apoia a entidade laranxa a través de recursos humanos e materiais, cedendo as súas instalacións para diferentes proxectos e iniciativas.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
