Ribadeo, 13 de abril de 2016.- Segue aberto ata o sábado, 16 abril, o prazo para aqueles técnicos/as que queiran formar parte dos listados de técnicos-as externos dos que se dispón no Concello de Ribadeo.
Segundo explican desde o servizo de Orientación Laboral do Concello “estes listados elabóranse para facilitar aos veciños e veciñas e demais interesados a realización de trámites fronte a este Concello para os que se precisa a intervención dun técnico legalmente acreditado. Ábrense de forma periódica e a partires desta convocatoria, terán un carácter anual”.
Desde o Concello sinalan que “a incorporación a estes listados é voluntaria e libre, e realizase a través do procedemento que garanta a concorrencia e publicidade para todos aqueles profesionais que estean interesados en formar parte dos citados listados, e que á súa vez estean empadroados ou exerzan a súa actividade neste termo municipal”.
E engaden que “a inclusión nestas listaxes non supón ningunha relación do Concello cos eles, nin tampouco ningunha preferencia ou orde de clasificación destes, figurando ordenados estritamente por orde alfabética, sendo a exclusiva elección do veciño ou interesado o técnico que estime convinte de entre todos os que figuren nelas”.
Existen listados, entre outros, de arquitectos, aparelladores, delineantes, enxeñeiros. É preciso estar empadroado ou exercer a actividade en Ribadeo.
O impreso de solicitude para poder incorporarse está dispoñible na páxina web do Concello (www.ribadeo.gal) ou nas oficinas xerais.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



