Viveiro, 7 de abril de 2016.- Este mércores, o Grupo Municipal SON VIVEIRO, con motivo da conmemoración do 14 de abril e a proclamación da Segunda República Española, propuxo unha moción cos seguintes acordos:
1.- Condenar o alzamento militar do 18 de xullo de 1936 contra o goberno lexítimo da II República Española.
2.- Que o 14 de abril ondee a bandeira republicana na sede consistorial, para rendirlle unha homenaxe a todas as persoas que defenderon tanto a II República como o período democrático que se inaugurou.
3.- Que o Concello organice no municipio actos conmemorativos e divulgativos do 85 aniversario da proclamación da II República, así como promover actividades encamiñadas á rehabilitación política e cívica de todos aqueles cidadáns e cidadás que foron vítimas da represión franquista, xa fose durante o alzamento militar ou durante a posguerra. Ditos acordos foron votados por separado, a petición do PSOE e o BNG e aceptado por SON VIVEIRO, debido a que o punto 2 de mencionados acordos podería dar lugar a unha irregularidade, como apuntou a Sra. Alcaldesa, e dende a nosa corporación non queremos incorrer en posibles sancións económicas innecesarias.
Con estes acordos, queremos lembrar que o 14 de abril de 1931, teñamos ben presente que, como consecuencia da vitoria nas eleccións municipais das forzas republicanas, cuestión nada banal que adoita esquecerse, se proclamou a Segunda República.
Conmemóranse, pois, oitenta e cinco anos do que foi o primeiro réxime democrático da nosa historia, dun sistema que instaurou un verdadeiro Estado de Dereito e proclamou a primeira constitución democrática de España. Esta constitución plasmou o principio de igualdade das cidadás e dos cidadáns españois ante a lei, ao definir España como “unha república de traballadores de toda clase que se organiza en réxime de Liberdade e de Xustiza”.
O principio de soberanía popular estableceu o sufraxio universal para homes e mulleres maiores de 23 anos. En economía, a propiedade privada quedou suxeita aos intereses da economía nacional. Constituiuse un “Estado integral, compatible coa autonomía dos municipios e das rexións”. O principio de laicidade establecía que “o Estado, as rexións, as provincias e os municipios, non manterán, favorecerán, nin auxiliarán economicamente ás Igrexas, asociacións e institucións relixiosas”, recoñecendo, ademais, o matrimonio civil e o divorcio, así como a ensinanza primaria laica, de balde e obrigatoria, e con liberdade de cátedra.
A II República promoveu o avance na transformación da nosa sociedade, na defensa das liberdades individuais e colectivas, e na consecución da xustiza social.
Este sistema democrático acabou coa derrota na Guerra Civil para dar paso a máis de corenta anos de franquismo, de represión e de retrocesos.
O 14 de abril ten que ser una data reivindicativa para reclamar o dereito á República e homenaxear a todos os alcaldes, alcaldesas, concelleiras e concelleiros dos municipios daquel período, así como para condenar o golpe de estado franquista contra a II República. Moitas das persoas que estamos hoxe aquí, de vivir naquel momento histórico, seriamos paseadas.
Debemos ter presente a célebre cita histórica de Marco Tulio Cicerón: “Quen esquece a súa historia está condenado a repetila”.
Porque a mal chamada Guerra Civil non foi unha guerra máis, senón a resposta a un golpe de estado perpetrado por militares traidores ao ditado da oligarquía que temía perder os seus privilexios, un golpe de estado contra un goberno lexítimo xurdido da urnas, un golpe de estado covarde que provocou unha guerra brutal, onde os golpistas do chamado bando nacional contaron coa inestimable axuda dos gobernos fascista de Benito Mussolini e nazi de Adolf Hitler, que puxeron tropas e armamento de todo tipo ao servizo dunha causa que acabaría masacrando a unha boa parte do pobo español, nun verdadeiro xenocidio ideolóxico que remataría por encher de cadáveres, moitos deles aínda sen identificar, todo o territorio español.
Tamén convén recordar aquel pé dun famoso debuxo de Castelao: “Non enterran cadáveres; enterran semente.”
Algúns din que cando falamos de memoria, xustiza e reparación reábrense feridas, pero, como se vai reabrir o que nunca se cerrou?; e como se pode perdoar cando nunca se pediu perdón? Teñamos presente que, en Alemaña, negar o holocausto é delito; non se debe esquecer sen máis.


















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.



