Vellez e soidade. Dúas palabras que se dan cita na vida dos nosos vellos. Velaí están. Sós nas súas casas. Ese é o seu destino. Vellos sen familia. O froito dunha sociedade de progreso. Vellez en soidade. Dise que “de vello dúas veces neno”. Pro nas súas vidas non hai nenos que lles fagan rir e lembrarlles a súa propia nenez. Están sós. Cun horizonte negro por diante. Algúns cruzan apenas un saúdo co veciño que teñen no piso do lado. Outros, en casas illadas nas súas aldeas, rumían en soidade os nostálxicos recordos do seu pasado. É a idade da decrepitude, da debilidade. Onde quedou aquela forza e saúde da que presumían? Que foi daquela alegría, ilusión e esperanza que os mantiña contentos?
E están incomunicados, divididos, illados. Non se ven entre eles. Nin sequera un e-mail para contarse as súas penas. Incapaces de xuntase para reivindicar os seus dereitos. Gustaríalles saír á rúa para facerse oír. Gritar a súa soidade e o seu abandono. Pro a súa voz, debilitada polo paso dos anos, no é mais ca un eco entre as catro paredes da súa casa. Algúns agardan a chegada da traballadora social. Unha hora de compañía. E outra vez sós.
E a súa familia? Uns perderon a tódolos seus seres queridos. Outros a teñen traballando moi lonxe. Non poden coidalos. Chegarán sós ó final da etapa. A súa familia aparecerá, seica, no último momento pra recoller os seus escasos bens. É o progreso. Sós na vida e sós na morte. Cada día se ven máis casos.
Anciáns, que antes finaban na súas casas. Arroupados pola calor da familia, dos seus fillos e netos. Que lles apretaban a man nos derradeiros momentos para que non se sentiran sós. Entre moitas penurias, as veces, e mesmo pobreza. Pro finaban coidados e con moito agarimo. Na súa casa, entre os seus, deixaban o seu espírito e as súas lembranzas. Pro, amigos… chegou o progreso e con el o materialismo egoísta. Fora de casa, que estorban!
E a sociedade? Inmersa no intenso ritmo da vida, do traballo e a diversión. Traballo lle custa poder sobrevivir. Non ten tempo pra ocuparse deles. Xa non lles son útiles. E, como “a can vello todas son pulgas”, as súas escasas pensións apenas lles chegan prós seus gastos. Unha miseria. Eles… ¡que tanto loitaron pra poder ter este que chamamos “estado de benestar”! Chegaron á vellez sen aforros. O diñeiro gañado na vida foilles roubado en impostos para manter lacazáns e no pago da chamada seguridade social para recibir agora unha patada no cu. A súa pequena paga no chega pra unha residencia pública e menos para unha privada.
E non son poucos. Uns 270 anciáns soamente en Ribadeo. E todos maiores de 80 anos. Pro están calados. A súa voz non se oe. A súa mirada xa está apagada. As institucións públicas poden estar tranquilas. Non van saír a gritar polas rúas nin exhibir as súas pancartas reivindicativas. Non son un problema. Porque os vellos non teñen voz. A súa voz está apagada, cansa. Pobres vellos. Que sós se quedan!
José María Rodríguez.



















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



