Alfoz, 20 de abril de 2016.- A agrupación de Veciños independentes de Alfoz móstrase crítica co procedemento de toma de posesión das fincas de reemprazo da concentración parcelaria de Val de Alfoz, tras o anuncio da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural de dar posesión provisoria dos novos predios, e establecer como data límite para os mesmos o 15 de abril de 2016. Xabier Pardiñas, voceiro de VIA, considera que “non parece lóxico que despois dun proceso tan lento, con máis de 20 anos de duración, agora exista tanta presa e se anuncie a toma de posesión das fincas con apenas 10 días de antelación”. Entende que sexa unha prioridade da Consellería do Medio Rural o feito de axilizar os trámites das concentracións parcelarias que están na fase final de execución, pero tamén recordan que se lles debe facilitar o acceso ás fincas resultantes. Consideran que este segundo punto non se está a cumprir xa que existen fincas sen acceso, pois aínda non remataron as obras correspondentes ás pistas secundarias, “este feito da lugar a situacións que chegan ao estremo de deixar vivendas sen acceso rodado”.
A parte dos problemas de acceso, en VIA comparten as queixas dos veciños relativas á falta de información respecto á recollida de colleitas e á retirada de árbores, recordando que “en outras concentracións parcelarias, realizadas en concellos próximos, anunciaron a data límite de posesión con alomenos dous meses de antelación e estableceron tres meses mais para a retirada de árbores”. Neste sentido apuntan que existen cortas de árbores pendentes de autorización e que polo tanto non se puideron facer antes da entrega. Recordan ademais que o anuncio da toma de posesión da concentración parcelaria de Pereiro-Oiras, no mesmo concello de Alfoz, se fixo con case dous meses de antelación, “sendo unha concentración na que existían 350 hectáreas e 377 propietarios, mentres que na de Val de Alfoz existen 1526 hectáreas e 1792 propietarios”, o que dificulta o proceso de intercambio de fincas.
Ademais, desde VIA consideran que a data idónea para a entrega das fincas sería en torno ao mes de outubro, “momento no cal están recollidas a maioría das colleitas”, xa que na actualidade vai haber propietarios que entregarán as súas antigas fincas e non poderán tomar posesión das novas se respectan as colleitas existentes. Por outra parte, tampouco consideran adecuada esta data de entrega polo feito de que, aquelas explotacións que teñen que declarar as superficies das fincas para as axudas da PAC, so teñen de prazo ata o 30 de abril e, en algúns casos, vanse encontrar que as fincas de reemprazo non cumpren as condicións esixidas para o seu fin, por encontrarse improdutivas. Tamén se da o caso de productores que que xa teñen presentada a súa solicitude á PAC coas fincas anteriores e agora poden verse obrigados a modificalas.
Para tratar de canalizar os problemas ante a Consellería de Medio Rural, responsable da concentración parcelaria, VIA poñerá estes feitos en coñecemento dos responsables técnicos de Infraestruturas Agrarias e recorda que se pon á disposición dos veciños e veciñas de Alfoz a través de calquera dos membros do grupo municipal e nos correos vialfoz@gmail.com e grupovia@concellodealfoz.com




















A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



