A Asociación Empresarial de Xove realiza este ano o seu particular homenaxe a Manuel María.
O día 17 de Maio, Día das Letras Galegas, no Salón de Actos do Concello de Xove, a partir das 20.00 horas, realizarase un percorrido pola biografía do autor, cunha teatralización da persoa no mesmo, e dedicando momentos a lectura de poemas e sonetos do autor, con música en directo.
“Serán os nosos asociados e veciños de Xove os encargados de escenificar e facer a homenaxe” coa que colabora Concello de Xove.
Ademais da homenaxe a Manuel María, o Concello de Xove entregará os premios do concurso que organiza polo Día das Letras Galegas.