CADERNOS DA VIAXE. Sempre que o Goberno central quitou a súa información sobre as chamadas balanzas fiscais (2008 e 2012), Galicia resultou suposta beneficiaria da solidariedade do Estado, avaliándose até en 3500 M€ a diferenza ao noso favor entre o supostamente recadado e o recibido.
Claro é que as contas do centralismo son parte dos moitos contos ou ladaíñas que retransmiten os voceiros-oficiais e oficiosos-do centralismo. E levan trampa. En primeiro lugar, contabilizan a Seguridade social contributiva, que non é cuestión de territorios, senón de persoas cotizantes. Eu gaño o meu dereito á pensión contributiva e á contía da mesma independentemente de onde cotizase. Tamén está a trampa do método de contabilización chamado carga/beneficio, que contabiliza como gastados e/ou investidos en Galicia o 5,4% dos orzamentos de Defensa, RTVE Casa Real, Ministerios, cando a inmensa maioría destes gastos. Ou nos atribúe o 7% da débeda pública estatal, cando só somos o 5,4% da súa poboación. A quen beneficia o gasto burocrático na súa inmensa maioría? Acertaron, á área de Madrid, que é onde se cobran os soldos e se fai o gasto.
Se empregamos a metodoloxía que os economistas máis neutrais xulgan de aplicación,, resulta que no 2015 o Estado recadará uns 12.400 a 12.500 M€ na Galicia dos que a Xunta empregará uns 9000 M€ nos seus orzamentos. Algúen pensa que os servizos que presta o Estado na Galicia acaden o valor de 3.400 M €/ano?
Por outra banda, os nosos concellos receben só o 3% dos 17600 M€ que o Estado destina ás transferencias a entidades locais. É dicir, que se nos quitan 500 M€ sobre o 5,4% que por poboación nos correspondería. Por qué? Porque o Estado financia os servizos dos concellos só tendo en conta a poboación, non o seu avellentamento ou espallamento. Solidariedade con Galicia? Confórmome de entrada con que nos paguen o que deben. Que poñan eses 500 M€/ano adicionais e que transfiran á Xunta as competencias para distribuir eses fondos de cooperación local, como cumpriría en calquera Estado descentralizado.
As contas do centralismo, amáis de se basear nuns dados moi opacos, constitúen pola súa metodoloxía e conclusións un insulto á nosa intelixencia. E que nos alcumen de parvos, sen nos recoñecer o que nos pertence e aínda vendéndonos o favor, sobarda os límites do aturábel na democracia.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



