Lugo, 20 de maio de 2016.- A presidenta do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, amosouse convencida este venres de que “temos a mellor candidatura para defender os intereses de Lugo nas Cortes Xerais. Temos moito traballo por diante e non se lle pode confiar a xente sen experiencia”. Candia destacou que o seu obxectivo á fronte do partido “é o de mellorar os resultados e contribuír a que o próximo presidente sexa Mariano Rajoy”.
A popular fixo estas declaracións acompañada dos membros das candidaturas pola provincia ao Congreso e ao Senado de cara ás eleccións do vindeiro 26 de xuño. “Repetimos candidatura convencidos de que este non é o momento de personalismos, de falar de persoas a título individual senón de propoñer equipos capacitados para actuar con responsabilidade en favor do país”.
Avogou por ser “especialmente positivos e por explicar todos e cada un dos nosos proxectos. Estamos todos a unha. Só pensamos no PP, nin personalismos, nin individualismos”, engadiu.
Contamos co aval da xestión
A presidenta dos populares asegura que o PP preséntase a estes comicios co aval das mellores propostas e da mellor xestión e a “nosa folla de ruta está centrada no traballo, traballo e máis traballo. Só así poderemos seguir facendo políticas económicas serias e que creen emprego”.
A líder dos populares lucenses considera que “non somos os da nova ou mala política, somos os das boas políticas” e, neste senso, engade que “presentamos un proxecto claro, baseado na estabilidade, temos un goberno con experiencia fronte a experimentos de gobernos débiles en minorías, con moita xente que só xoga a ser líder”. Así, matizou que “fronte a amalgama de intereses partidarias e persoais, está un partido responsable”.
Ademais Candia analizou que “están os gobernos que executan, fronte aos que paralizan” e neste senso a popular nomeou que “temos un bo exemplo na Deputación de Lugo que, sabendo que están en minoría, rexeitan o diálogo e o consenso e teñen a toda unha provincia paralizada.
Campaña de proximidade
A presidenta dos populares lucenses tamén dixo que afrontan a cita do 26 de xuño cunha campaña electoral de proximidade, sensibilidade e compromiso coa xente. “Queremos estar ao carón dos veciños da provincia e recibir directamente as súas inquedanzas e necesidades mantendo así o compromiso adquiridos desde a dirección provincial”, conclúe.
Candidatura
CANDIDATOS
JOAQUÍN MARÍA GARCÍA DÍEZ
JAIME DE OLANO VELA
MERCEDES GONZÁLEZ ALONSO
Mª ENCARNACIÓN AMIGO DÍAZ
SUPLENTES
VERÓNICA PRADO DIEGUEZ
MANUEL LÓPEZ FERNÁNDEZ
ROSA MARÍA ARZA RODRÍGUEZ
MARÍA MANUELA CARBALLEIRA GARCÍA
TOBIAS MARTÍNEZ COTARELO
CANDIDATOS
JOSE MANUEL BARREIRO FERNÁNDEZ
DÁMASO LÓPEZ RODRÍGUEZ
SANDRA VÁZQUEZ DOMÍNGUEZ
SUPLENTES
MANUEL ANTONIO FERNÁNDEZ PIÑEIRO
ROCIO BLANCO PLIEGO
JAVIER VARELA PÉREZ
MARÍA JOSÉ GÓMEZ RODRÍGUEZ
GERARDO CRIADO GUIZÁN
MARÍA DEL MAR FRAGA FERNÁNDEZ
*O único cambio con respecto á anterior candidatura é o de Encarna Amigo, que substitúe a María Ana Fernández Castro, quen decidiu non volver a presentarse por motivos persoais.


















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



