Burela, 23 de maio de 2016.- Vai para un ano que democráticamente os veciños e veciñas de Burela, cos seus votos elixiron un goberno. Tamén é democrático analizar as formas deste “novo goberno” e o cumprimento do seu programa electoral. Vai por diante o recoñecemento de CxG Burela do apoio maioritario que tivo o PSdeG nos comicios do 2015. Dito isto, dende CxG denunciamos a pouca ou nula xestión deste Goberno e a perda de peso de Burela no marco territorial, polo que vamos analizar polo míudo segundo as áreas de xestión:
Administración local
Promesa: Apertura de canles de participación dos veciños. Auditoría de xestión dos servicios privatizados.
Realidade: Non se fixo ningún tipo de auditoría. Non se fixeron orzamentos participativos.
Cumprimento: Non.
Promesa: Eliminación de taxas
Realidade: Todo o contrario, subíronse taxas como a do barco museo.
Cumprimento: Non.
Promesa: Padroado municipal de deportes.
Realidade: Non se deu un só paso neste sentido
Cumprimento: Non.
Promesa: Orzamentos en tempo e forma.
Realidade: Para 2016 tardaron 4 meses, administración lenta aínda con maioría absoluta.
Cumprimento: Non
Promesa: Transparencia.
Realidade: O portal de transparencia deixa bastante que desexar, non se abre a administración nin se innova.
Cumprimento: Non.
Promesa: Modificación do PXOM.
Realidade: Nin un só paso.
Cumprimento: Non.
Promesa: Información aos veciños
Realidade: CxG pediu que se envíe información ás casas; a resposta foi que é caro.
Cumprimento: Non.
Obras
Promesa: Eliminación de barreiras arquitectónicas.
Realidade: Prácticamente igual que fai 12 meses.
Cumprimento: Non.
Promesa: Mellora da imaxe do pobo.
Realidade: Falta de unidade na sinalización, bolardos que non cumpren a norativa, farolas rotas, suciedade…
Cumprimento: Non.
Promesa: Mellora parque Rosalía de Castro.
Realidade: Solicitada Subvención.
Cumprimento: Á espera.
Promesa: Rematar saneamentos.
Realidade: Nin un euro empregado nesta materia
Cumprimento: Non.
Promesa: Peatonalización de rúas.
Realidade: Ningún acordo nesta materia.
Cumprimento: Non.
Promesa: Mellora de zonas de ocio.
Realidade: Tardaron 90 dias en retirar os destrozos do temporal.
Cumprimento: Algo.
Promesa: Rehabilitación integral do Cantiño.
Realidade: Bastantes desperfectos e abandono.
Cumprimento: Non.
Infraestruturas
Promesa: Poligono industrial.
Realidade: Ningunha xestión na materia.
Cumprimento: Non.
Promesa: Solución á fabrica de GRES.
Realidade: Ningunha xestión na materia. Hoxe en mans privadas.
Cumprimento: Non.
Promesa: Construir pavillón polideportivo.
Realidade: Non se realizaron xestións.
Cumprimento: Non.
Promesa: Vestiarios campo de herba artificial.
Realidade: Anunciaron xestións.
Cumprimento: Á espera.
Promesa: Construcción da nova EDAR.
Realidade: Anunciaron xestións.
Cumprimento: Á espera.
Promesa: Limpeza dos lodos do encoro de Rúa.
Realidade: Non realizable.
Cumprimento: Non.
Turismo
Promesa: Recuperar selos de calidade ambiental das praias xa en 2015.
Realidade: Non deu tempo, segundo o alcalde, que o prometerá 15 días antes.
Cumprimento: Non
Promesa: Ruta de sendeirismo homologada como promoción turistica.
Realidade: Non se coñecen xestións.
Cumprimento: Non.
Promesa: Posta en valor das zonas históricas de Burela.
Realidade: Ningunha actuación.
Cumprimento: Non.
Promesa: Exposición permanente da cultura castrexa.
Realidade: Só anuncio en prensa.
Cumprimento: Non.
Emprego
Promesa: Plan de emprego, o emprego como maior prioridade
Realidade: Adícanse 15.000€ nos orzamentos de 2016. son 0,05 € por parado por dia.
Cumprimento: Pouco.
Promesa: Solución á problemática de ECESA.
Realidade: Non se fixo nada.
Cumprimento: Non.
Os datos analizados están no programa público de Psoe de Burela. É certo que quedan tres anos de xestión, pero dende CxG Burela entendemos que o programa de goberno do PSOE de Burela é fácil de alcanzar se se traballa.
Independentemente, a nosa análise é que a xestión plantexa dúbidas:
-Por que un goberno en maioría tarda 4 meses en aprobar orzamentos?
-Como non se consegue ningunha dotación importante tendo en conta o peso de Burela, por poboación e por actividade?
-Como o Alcalde de Burela non ten máis peso na Deputación?
-Por que o PSOE non da peso a Llano na súa estrutura?
A realidade é que temos un goberno lento e pouco resolutivo, como vimos denunciando. A explicación para CXG é que non teñen un Plan para a Burela do futuro. Ademáis de ser un goberno pouco transparente e que non acepta propostas: dende CxG rexistramos máis de 15 peticións que non foron nin respostadas.
Non entendemos como se perderon oportunidades como o festival que se fará en Foz ou o festival de primavera.
Temos que recoñecer dende CxG un cambio na política cultural que situa por fin a Burela no mapa pero non deixa de ser una illa no goberno que de momento ten como logro a colocación dun monolito e ser o goberno municipal onde reside un de cada tres novos parados. En definitiva, un ano de políticas conservadoras.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



