Burela, 10 de maio de 2016.- Mujeres en Igualdad Burela presentou na mañá deste martes o programa P.R.I.A.P.E para mulleres con especial vulnerabilidade, no Salón de Conferencias da antiga biblioteca de Burela. A esta presentación acudiu numeroso público e autoridades, así como representantes de diversas asociacións.
Este programa, forma parte das actividades que Mujeres en Igualdad vén desenvolvendo desde o seu inicio.
Conxuntamente ao programa P.R.I.A.P.E, BUMEI, está levando a cabo outros programas diversos, como pode ser o denominado “Quiérete”, e que consiste en ensinarlles ás mulleres con baixa autoestima a quererse e valorarse a si mesmas. Este programa conta ademáis cunha parte destinada á inclusión das TICS onde estas mulleres aprenderán, ademais de a usar o correo electrónico e de facer un Curriculum Vitae na internet, a aplicar as novas tecnoloxías na procura de emprego. As clases de Zumba forman parte tamén de “Quiérete”, xa que a diversión, a aprendizaxe e a autoestima, forman unha agradable e frutífera mestura, como apunta Mary Fraga, presidenta desta asociación.
“O noso obxectivo é a reinsercion plena e efectiva das mulleres en risco de exclusion social”, continúa dicindo a presidenta.